Ecoloxistas Galiza, Atlántica e Verde: «Conseguida a cautelar para Meirama 76»
Ecoloxistas Gal. Atlántica e Verde. Loitando polo medio ambiente e a xustiza social. Asociación de ámbito autonómico. Integrada por 22 grupos comarcais.
Comunicado
Celebramos a comunicación do auto do TSXG donde se nos traslada que se desestima o RECURSO de REPOSICIÓN interposto pola Xunta de Galicia ,con imposición de costas, contra o auto de 13 de setembro de 2024, donde se acordou estimar a medida cautelar de suspensión da execución do acto administrativo formulada por esta parte referida ao proxecto eólico MEIRAMA 76 que, de chegar a implantarse, afectaría aos concellos de Cerceda e A Laracha da provincia da Coruña, promovida por Green Stone Renewable IV S.L. (expediente IN408A 2020/076).
Expón o auto que tales recursos han de desestimarse, confirmándose a suspensión cautelar adoptada, toda vez que as consecuencias máis graves relativas ao medio ambiente derivan do menosprecio a principios e enfoques básicos como o de cautelar, enfoque holístico, funciòns e servicios dos ecosistemas, a integridade da paisaxe, garantizar a dinámica natural e os procesos ecolóxicodos, evitar a fragmentación de hábitats e a interrupción da conectividade, acumulación de impactos e sinerxias negativas o irreversibilidade de impactos; habéndose de significar que, recentemente, no relativo ao “fumus boni iuris” o T.S. admitiu RC, en relación cos P.E. Campelo, Monte Toural e Bustelo, nos T.m. de Carballo, Coristanco e Santa Comba, sinalando como interés casacional si o compartir as mesmas líñas de evacuación e conexión supón división artificial, con prexudicialidade casacional do art. 56.5 LJCA, así como esta Sala, en P.E. “A Ruña III”, T.m. de Mazaricos, cuestión prexudicial ante o TJUE sobre prazo de información pública e informes sectoriais, en canto ao “periculum in mora”, Fergo Galicia Vento S.L:, presenta reclamación (PO 7204/24 de esta Sala) á Xunta por máis de 45 millóns, por responsabilidade patrimonial por anulación do P.E. O Oribio, T.m. Triacastela e Samos, que continúa, ademáis, sen ser reposto ao seu estado anterior e o P.E. de As Sandónigas, T.m. de Mondoñedo, ainda segue en funcionamento, pese a terse anulado; e, respecto á ponderación dos intereses en conflicto o auto de 29-2-2024, do Pleno do T.C., auto 22/24, que prorrogou a suspensión da Ley do Litoral Galega, predica rotundamente a prevalencia do valor medioambiental sobre a explotación económica do solo; que fundamentan cumplidamente o mantenimiento da suspensión cautelar acordada.
Tendo esto en conta a lista das cautelares en Galicia entendemos que pasa a ser a seguinte: