Manifiesto de la concentración del próximo 15 de Febrero: #VigoSomosTodxs
Novos colectivos únense á protesta de Vigo Somos Todxs.
Terá lugar o vindeiro domingo 5 de febreiro ás 12:00 na Porta do Sol.
VIGO SOMOS TOD@S
Hai moitas maneiras de facer política hoxe en día. Vigo ten o seu particular alcalde populista que goberna con enormes aires de grandeza e superioridade, desprezando as voces discrepantes e ignorando os problemas sociais, de convivencia, e sostibilidade da cidade. Porque Vigo somos todos e todas, e merecemos que se nos escoite.
Debaixo do paraugas de éxito mediático da cidade de Vigo durante o Nadal proxéctanse tamén moitas sombras:
- Unha maioría absoluta non pode ser escusa para non negociar e para non atender as críticas dos veciños e veciñas da cidade. Cremos que o Concello de Vigo debe cuestionarse que relación quere ter ca veciñanza da cidade, nunha democracia como a que vivimos, non teñen cabida actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas. Son numerosas as plataformas de afectados que naceron baixo o mandato deste alcalde e todas temos cousas en común: cando non opinamos como Abel, este vai na nosa contra. O diálogo sempre, sempre, debería estar presente. Vigo somos todos e todas.
- Grave problema de sustentabilidade: Vigo ten a dudosa honra de ser a cidade de España con máis vehículos por habitante, o cal fai que teña un tráfico terrible que lle otorga tamén ter o aire máis contaminado de toda Galicia e dos peores do país. Vigo ten graves problemas medioambientais e de movilidade, e dende logo non está preparada para facer fronte o cambio climático e o quecemento global que xa temos enriba. Un modelo novo de cidade é necesario onde as zonas verdes gañen espazo ó formigón, onde as árbores sexan as protagonistas fronte o ruído, onde se priorice a calidade de vida fronte a inversión privada.
Vigo somos todos e todas, e por eso estamos aquí, para que se nos escoite na rúa xa que na alcaldía fannos oídos xordos.
Como Vigo somos todos e todas, queremos un Vigo onde antes de facer infraestructuras viarias inxustificadas como o vial PO-010 que van a afectar irremediablemente o noso modo de vida, se conte con informes que avalen e xustifiquen ditas obras e ademáis que se informe os veciños de forma axeitada de que van perder as súas casas. E queremos sobre todo non máis mentiras.
Como Vigo somos todos e todas, queremos que antes de romper Bembrive coa nova A-52 Vigo-O Porriño, se escoite a veciñanza e se pense no patrimonio que imos perder. Bembrive, o río Eifonso e a sua contorna, debe ser un enclave ecolóxico a protexer. Porque o río Eifonso é en realidade un bosque terapeutico (título otourgado pola Deputación), e un espacio protexido co máximo nivel ambiental, como atestigua o propio PXOM, que se vai a estragar por mor desta autovia. Unha infraestructura innecesaria, ao existir xa alternativas construídas coas que poder distribuir o tráfico da cidade.
Como Vigo somos todos e todas queremos un Vigo onde se teña en conta o descanso dos vigueses e viguesas que se ven abocados a sobrevivir durante o Nadal . E dicimos sobrevivir porque durante máis de dous meses teñen ruidos excesivos diante das suas casas e traballos, con serias dificultades para entrar e sair delas, con servicios sanitarios e de emerxencias que non poden garanter a seguridade e saude dos veciños e con graves problemas de sanidade e convivencia nas suas rúas.
Como Vigo somos todos e todas, queremos unha cidade onde disminúan as retencións de coches que fan medrar exponencialmente as emisions de gases nocivos. 53.000 coches nun día nunha cidade como Vigo non son datos normais e non son datos dos que mostrar orgullo. Esta situación a sufrimos toda a cidadanía viguesa.
Como Vigo somos todas e todos, esiximos que se atenda á cidadanía cando defende o patrimonio cultural e natural ante as actuacións da propia administración. O patrimonio é o que a cidadanía define como tal, e polo tanto hai que escoitala. Por exemplo cando se constrúe un túnel na zona onde hai máis restos e edificios do noso pasado: o Casco Vello ou histórico, barrio que debería permanecer inalterable no tempo, non modificado por ocorrencias actuáis. Ademáis, os 3 anos sen tráfico na porta do Sol demonstraron que é innecesario. Nos tempos de cambio climático que esixen un xiro total no modelo de movilidade, este túnel incide no modelo baseado no transporte en vehículo privado, e non ten sentido ao estar dentro da zona de baixas emisión definida polo propio Concello. En canto as árboles, son apreciadas pola cidadania, e tamén son patrimonio. Son un regulador térmico, non simples adornos. Basta de arboricidios en Vigo.
Como Vigo somos todos e todas, queremos un Vigo onde antes de cortar unha árbore porque molesta a sua ubicación, se pense no que esa árbore nos ofrece. Un Vigo onde os seus parques coma o Parque de García Picher e xardíns da Alameda sean coidados e protexidos. Lamentablemente o cambio climático non é unha teoría, estamolo a sufrir xa; vimos dunha vaga de calor no verán, e dunha seca a que durou ata ven entrado o outono e cunhas temperaturas non acordes as estacións nas que estamos. Frente a isto o Concello promove arboricidios, reemplazar parques cheos de árbores, terra e herba por caucho.
Como Vigo Somos Todos, os veciños e veciñas da promoción de Avantespacia-Tomás Alonso, representados en GasolinerasA100metros, queremos que non haxa gasolineiras xunto a espazos habitados, colexios e centros sanitarios. En Vigo temos unha normativa urbanística obsoleta que permite construír gasolineiras a 4 metros das vivendas o que supón riscos para a saúde. Solicitamos ao concello parar a nova gasolineira xunto as nosas vivendas e modificar a normativa municipal como xa fixeron cidades coma Barcelona, Sevilla ou Alacante. Queremos espazos verdes e non fume baixo as nosas ventás. Queremos saúde e non ambientes tóxicos.
Como Vigo somos todos e todas gustaríanos que nos se expulse á poboación empobrecida das prioridades locais, e haxa unha axenda ambiciosa e responsable socialmente coas veciñas en risco de exclusión, de senfogarismo, despexadas, prostituidas, e tanto colecticos infraatendidos
Como Vigo somos todos e todas, queremos unha cidade onde as bandas de música non se atopen con salas de ensaio pechadas ou con actuacions policiais nos concertos. Avocados a clandestinidade. A música é cultura e a cultura debe ser promovida. Vigo somos tod@s!
Desde fai dous anos a plantilla de Vitrasa vese envolta nun conflicto pola negociación dun novo convenio que dé resposta a problemática laboral existente e que afecta a cidadania de Vigo polo nefasto servizo que esta empresa lle está a prestar a cidade; retrasos, faltas de horas de descanso, recortes de servizo, priorizando a rentabilidade económica a dar un servizo de calidade. O titular do servizo, e polo tanto responsable final, é o Concello de Vigo, quen non so agasallou a Vitrasa 5 anos de concesión se non que, coñecendo todas estas cuestión, permite a Vitrasa realizalas perxudicando os vigueses e viguesas. Levamos dous anos solicitamos que alcalde medie pero sempre temos a mesma resposta; O conflicto e de Vitrasa é cos seus traballadores e traballadoras, obviado a sua parte de responsabilidade.
Non se pode constuir un Vigo de costas oas veciños e veciñas. Non se pode confundir esa maioría “absolutísima”, lexítima e democrática, cun cheque en branco. E que o exercicio desa maioría no Concello de Vigo non pode ser un rodete antidemocrático. Queremos un modelo de cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e todas e non reduza a marxinalidade as multiples asociacións e colectivos, os cales temos moito que decir e aportar polo Vigo que queremos.