Ecoloxistas en Acción chama a ‘restaurar a natureza’ no día mundial dos Humidais
- No entorno deste venres 2 de febreiro, día mundial dos Humidais, Ecoloxistas en Acción realiza diversas accións en Galicia, e conxuntamente co resto do Estado, para chamar a atención sobre a necesidade de protexer os humidais e recuperar as zonas deterioradas.
Ecoloxistas en Acción ven de rexistrar na Xunta unha relación cartografiada de humidais da provincia de Pontevedra que non están incluidos no catálogo de Humidais. - Denuncian o desleixo do goberno galego para protexer, conservar e restaurar estas zonas de tan alto valor ecosistémico.
Restaurar a natureza!” é o lema da vintena de accións cidadás —marchas reivindicativas, xornadas de sensibilización ambiental e presentación de informes en torno ao estado ecolóxico dos humidais— da próxima fin de semana. O seu obxectivo é recuperar as maltreitas zonas húmidas, coincidindo co Día Mundial dos Humidais e a inminente aprobación do Regulamento europeo sobre a Restauración da Natureza.
Devandito regulamento, pendente de ratificación no pleno do Parlamento Europeo previsto para finais de febreiro, expón a recuperación do 20 % dos ecosistemas europeos para 2030 e todos os ecosistemas que necesiten restauración de aquí a 2050. Unha vez aprobado, os Estados membro terán ata vinte e catro meses para elaborar os Plans Nacionais de Restauración, onde se establecerán as zonas e medidas necesarias para cumprir cos obxectivos.
En Galicia, Ecoloxistas en Acción realizou varios actos no entorno do día mundial dos Humidais. Un acto protesta na braña de Loxo e no Portaguzo, zonas moi deterioradas polas verteduras de residuos da mina de Touro. Unha visita as fervenzas de Fírbeda (Porqueira) e a a ribeira do Limia en Ourense e unha charla no Instituto As Fontiñas en Compostela sobre a campaña “Humidais para a Vida”, que Ecoloxistas en Acción leva desenvolvendo desde 2022 para pór en valor as zonas húmedas de Galicia.
No marco desta campaña, Ecoloxistas en Acción ven de rexistrar na Xunta un informe sobre os humidais da provincia de Pontevedra. Unha relación cartografiada de zonas húmidas non recollidas no catálogo de Autonómico . Denuncian que a maioría destas zonas húmidas están ameazadas por plantacións de eucaliptos, parques eólicos ou vertidos de explotacións mineiras.
Para Ecoloxistas en Acción é esencial garantir a conservación da biodiversidade e dos recursos hídricos como os humidais, e proceder a restaurar as funcións ecolóxicas e os servizos ecosistémicos daqueles que foron degradados polas accións antrópicas como plantíos forestais, agricultura intensiva, instalación de parques eólicos ou explotación de minas
“Un estudo tras outro demostra que a superficie e a calidade dos humidais seguen diminuíndo ano tras ano na maioría de rexións do mundo. En consecuencia, os servizos dos ecosistemas que os humidais proporcionan ás persoas, atópanse en perigo. A perda e degradación dos humidais tradúcese nun enorme impacto social e económico como, por exemplo, o aumento do risco de inundacións, diminución da calidade da auga, ademáis de impactos sobre a saúde, a identidade cultural e os medios de subsistencia”, sinala Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
O parque eólico de Legre en Oza Cesuras, o parque eólico Solpor e Monte Inxerio en Ordes, Cerceda e Mesía, o parque eólico das Encrobas en Carral e Cerceda, o parque eólico de Penizas en Forcarei ou o do Campo das Rosas en Campo Lameiro son algúns dos proxectos eólicos que afectaban a humidais e sobre os que Ecoloxistas en Acción realizou peritaxes cos que reforzar a acción xudicial emprendida polas plataformas locais de veciñanza afectada.
“Levamos 2 anos coa campaña Humidais para A Vida, cartografiando zonas húmidas para logo rexistralas na Xunta. Despois de localizar e cartografíar as provincias de A Coruña e Pontevedra, este ano xa estamos traballando en Ourense. Incluilos no inventario de Humidais autonómico é o primeiro paso para protexelos”, declara Roberto Vilela, ao mesmo tempo que se laia do desleixo do actual goberno galego para conservar as zonas húmidas.