Mobilizacións e folga de autobuses en Ourense e Vigo
- O Concello fixou uns servizos mínimos abusivos de máis do 50% do persoal, composta por 125 traballadores e traballadoras, dos cales 96 son condutores en Ourense.
- Tras o fracaso da mediación no Consello Galego de Relaciones Laborais, CCOO anúncia mobilizacións polo enquistamento dun conflito no que perde a cidade de Vigo. CCOO, sindicato maioritario en Vitrasa, segue a espera dunha reunión con Abel Caballero, alcalde de Vigo, para expoñer tódalas irregularidades deste proceso.
Comeza a folga de autobuses urbanos en Ourense
A folga indefinida nos autobuses urbanos iniciouse esta medianoite despois de meses de negociacións sen avances. Dentro das reivindicacións expostas está a solicitude de cobrar por unha xornada laboral de 8 horas ao día, 40 horas á semana, con horas extras negociadas, mentres que a empresa propón cobrar mensualmente segundo a liña que realicen, cambiando un sistema que funciona desde 1986 e que o conxunto de traballadores e traballadoras están dispostos a aceptar pero sen que supoña unha perda de salario.
VITRASA: mobilizacións, folga e consecuencias para a ciudadanía de Vigo
Este Sabado 7, terá lugar unha asemblea de traballadores e traballadoras onde se espera o apoio maioritario do persoal para a afrontar as distintas mobilizacións e a folga apoiada de xeito unánime por tódolos grupos do comité de empresa.
A dirección actual da concesionaria, Mobility Ado, ven de recoñecer ante o Consello Galego de Relaciones Laborais mais de 3 millóns de euros en inversións a outras empresas do grupo durante os anos 2020 e 2021.
CCOO lembra que é responsabilidade da dirección da empresa concesionaria facer un bo uso dos recursos, polo tanto, podemos estar ante unha incapacidade de xestión importante dun servizo público, que se mantén con recursos públicos (terreos, instalacións, subvencións..)e co diñeiro dos cidadáns co uso do servizo.
Para CCOO a dirección quere responsabilizar aos traballadores e traballadoras de VITRASA dunha deficiente xestión dos recursos é a cidadanía de Vigo sufrirán os danos colaterais, xa que verán o servizo empeorado nos vindeiros meses, froito dun conflito que non se termina de arranxar por falta da vontade da dirección de Vitrasa.
Dende CCOO, tal é como manifestou o alcalde de Vigo, non vamos a permitir que o persoal de Vitrasa sexa o que pague unha mala xestión da empresa.