A estratexia da mina de Touro ao descuberto (I)
A degradación dos espazos mineiros devalúa o interese urbanístico das localidades, como se pode comprobar á vista dos numerosos exemplos non só de minas de cobre, senón doutras instalacións extractivas análogas, datos que a documentación obvia por completo.
As conclusións do estudo socioeconómico contempladas na documentación facilitada son absolutamente irreais, unha mina non é a solución ao problema de despoboamento en Galicia, e mostra diso témolo nas localidades onde actualmente teñen unha mina operativa, non se mencionen os datos poboacións do concello de Nerva, El Campillo ou Minas de Riotinto, que dispoñen desde hai anos dunha explotación mineira, a pleno rendemento, de cobre titular da mesma empresa propietaria e accionista de Cobre San Rafael, Atalaia Mining, a pesar do cal, a perda de poboación dos devanditos municipios no últimos vinte anos é superior á da comarca dos concellos de Touro e O Pino; a taxa de desemprego case triplica á dos concellos de Touro e O Pino.
Chama a atención que nun proxecto presentado en 2024 aporten datos de poboación e desemprego que chegan tan só a 2020, xusto o ano de pandemia no que toda a poboación do mundo atopábase confinada, a maioría deste país en ERTE, o que supón unha clara intención de ofrecer unha información totalmente distorsionada da realidade.
Tampouco é a solución ao crecemento económico e do pib galego a instalación da mina de Touro e O Pino, vincular a caída do PIB da contorna da mina ao parón da pandemia, é outro dato distorsionado, xa que este parón foi mundial non exclusivo desta comarca, máis ben todo o contrario, xa que nas zonas rurais puidemos atallar mellor esa grave crise, e mostra diso é que as actividades agroalimentarias e gandeiras das nosas comarcas non pararon en pandemia e grazas a elas seguiuse abastecendo á poboación de alimentos, por non dicir do bo número de persoas con vivendas no rural que volveron a estas terras para pasar esas datas de incerteza, tan tristes e dolorosas.
Un dos principais argumentos empregados para xustificar o impacto socioeconómico favorable do proxecto, considerado ahora PIE (PROXECTO INDUSTRIAL ESTRATÉXICO) basease na reversión da perda de poboación, o que resulta falaz, pois lonxe de contribuír a incrementar o número de habitantes empadroados, este tipo de proxectos, que empregan maiormente a traballadores que se desprazan desde outras localizacións, precisamente o que provocan é un efecto contrario, desincentivando a novos habitantes, dadas as molestias que xeran estas actividades.
Os riscos ambientais e a incompatibilidade destes usos co turístico, que neste caso non é estacional, senón durante todo o ano, vinculado ao Camiño Francés no seu último tramo antes de chegar a Santiago por Pedrouzo, un potencial que se vería severamente comprometido en caso de autorizarse a mina. Lembremos tamén que este ano foi recoñecida a Ruta do Holandes por Touro, que tamén ten a ruta Eurovelo 3 e que suporía que quedara totalmente devaluada en lugar de promocionala e poñela no lugar que lle corresponde. Todo esto nun radio de 1000 metros arredor da mina.
A degradación dos espazos mineiros devalúa o interese urbanístico das localidades, como se pode comprobar á vista dos numerosos exemplos non só de minas de cobre, senón doutras instalacións extractivas análogas, datos que a documentación obvia por completo.
Resulta anacrónica a formulación deste tipo de proxectos a modo de revulsivo socioeconómico nun escenario como o actual, no que desde as distintas administracións, están a abordarse políticas nas que a resiliencia económica de núcleos de poboación afastados de grandes centros urbanos, pasa precisamente pola aposta en modelos diferenciados das cidades, recuperando recursos económicos tradicionais a pequena escala, como pode ser o caso das industrias agroalimentarias, o turismo, a gandería, a industria forestal no noso municipio ou doutras actividades cun baixo impacto ambiental que resulten atractivas para fixar poboación, a proximidade á capital de Galicia, fan desta comarca atractiva tamén como lugar de residencia cunha adecuada promoción que poña a zona en valor e afaste o temor da reapertura dunha mina, á beira da cal ninguén quere vivir nin ver crecer aos seus fillos.