Redacción •  Galicia •  05/06/2024

Un 80% das novas afiliacións á Seguridade Social en maio en Galiza foron con contrato fixo descontinuo ou temporal

O descenso do desemprego produciuse case exclusivamente no sector servizos, polo que segue a medrar a temporalidade e a parcialidade.

Un 80% das novas afiliacións á Seguridade Social en maio en Galiza foron con contrato fixo descontinuo ou temporal

O mercado laboral galego continúa a amosar unha tendencia moi negativa no que ten que ver coa calidade e estabilidade do emprego, até o punto de que case o 80% das novas afiliacións á Seguridade Social rexistradas no mes de maio foron mediante contratos fixos descontinuos ou temporais. Ademais, o descenso do desemprego rexistrado neste período produciuse case exclusivamente no sector servizos, polo que a temporalidade, a parcialidade e os baixos salarios continúan a medrar.

A nivel laboral o mes de maio adoita caracterizarse polo descenso das persoas en situación de desemprego e polo aumento da afiliación á Seguridade Social (SS). E este ano no foi unha excepción: a afiliación á SS medrou un 0,8% en Galiza, mentres que o descenso das persoas en desemprego foi do 3,4%. 

Persoas paradas provincia2024 Variación
 AbrilMaioAbsoluta%
A Coruña50.12948.497-1632-3,3
Lugo 12.04811.588-460-3,8
Ourense14.95314.545-408-2,7
Pontevedra49.20447.406-1798-3,7
Total126.334122.036-4298-3,4

Fonte:  Elaboración propia a partir dos datos da SEPE.

Afiliación á SS2024 Variación
 AbrilMaioAbsoluta%
A Coruña465.744469.38636420,8
Lugo124.750125.6388880,7
Ourense105.326106.2539270,9
Pontevedra372.513376.01335000,9
Total1.068.3331.077.29089570,8

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da SS.

Mais esta baixada do paro rexistrouse case exclusivamente no sector servizos, cun 76%. Un sector moi ligado ao turismo, no que o peso da temporalidade na contratación e os baixos salarios é a tónica predominante.

SectoresAbrilMaioAbsoluta%
     
Sector primario40413872-169-4,2
Industria             12.448             12.042-406-3,3
Construción               8444               8180-264-3,1
Servizos             89.976             86.755-3221-3,6
Sen emprego anterior             11.425             11.187-238-2,1
         126.334        122.036-4298-3,4

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da SEPE.

En canto ás novas afiliacións á SS, o 78,2% foi a través dun contrato fixo descontinuo ou temporal. De feito, neste último mes o que máis aumentaron foron os contratos temporais.

 Afiliación ao réxime xeral  
GalizaVariación
2024/042024/05Absoluta%
TODAS AS MODALIDADES DE CONTRATOS815.161824.109             89471,1%
INDEFINIDO-T. Completo472.644473.867             12230,3%
INDEFINIDO-T. Parcial115.448115.762                 3140,3%
INDEFINIDO-Fixos Descontinuos35.44138.012             25717,3%
TEMPORAL-T. Completo82.71586.167             34524,2%
TEMPORAL-T. Parcial27.52328.502                 9793,6%
APREND., FORMACIÓN e PRÁCT.54035350-53-1,0%
OUTROS75.98476.446,36                 4610,6%

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da SS.


No que atinxe ao sexo das persoas que saíron do desemprego, os homes foron os máis beneficiados, xa que entre eles descendeu o desemprego un 4,1%, fronte ao 2,9% entre as mulleres. O 58% das persoas en desemprego son mulleres.

Por idades, vemos como a maior idade, menor descenso porcentual de desempregados e desempregadas. No mes de maio, o 61,7% das persoas que continúan en desemprego teñen máis de 45 anos.

Baixa calidade do emprego e extensión da pobreza laboral

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, considera que a pesar dos datos que amosan un descenso do paro en Galiza e da propaganda do Goberno central “na central sindical vemos con preocupación a evolución do mundo do traballo polo tipo de emprego que se está a crear e polas condicións nas que acceden as persoas traballadoras ao mercado laboral”. 

Sío lembra que o Estado español, cun 11% da poboación, ten máis do 25% do paro da ‘zona euro’, e posúe o récord europeo tanto en paro como en paro xuvenil (28% do desemprego a nivel europeo).

En canto á evolución positiva dos datos xerais fai fincapé en que o que acontece no Estado Español e en Galiza non é un fenómeno exclusivo, xa que o mes pasado a UE tivo a taxa máis baixa de desemprego da serie histórica (6,4%). “O que si é unha característica propia é a baixa calidade do emprego que se crea e a extensión da pobreza laboral que se está a rexistrar”.

Até o punto de que case o 80% das novas afiliacións á Seguridade Social foron contratos temporais e fixos descontinuos. Ademais, a parcialidade é cada vez maior, tanto na contratación temporal como indefinida. “Isto provoca que haxa persoas traballadoras cada vez máis precarias aínda que teñan un emprego indefinido porque non ingresan o salario completo”.

O responsábel sindical tamén pon o acento no feito de que a baixada do paro mes a mes se produza no sector servizos, “en Galiza centrado no turismo ligado ao Camiño de Santiago, polo que vemos como a medida que vai desaparecendo a industria real no noso país vai medrando a mal chamada industria turística, con salarios baixos e peores condicións laborais”.


seguridad social /