Galicia en Común celebra a apertura da fosa común do cemiterio de Rubiáns
Antón Gómez Reino sinalou a importancia desta exhumación para a recuperación da memoria histórica en Vilagarcía de Arousa.
Galicia en Común celebrou este xoves o comezo dos traballos de escavación da fosa común que se atopa no cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, por parte de equipos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.
O deputado Antón Gómez Reino quixo sinalar a importancia desta exhumación para a «recuperación da memoria histórica» do concello de Vilagarcía de Arousa e tamén para «facer xustiza e reparar ás vítimas do franquismo». «Agradecemos o compromiso do Goberno de coalición coa memoria histórica, que posibilita precisamente estas escavacións», sostivo Gómez Reino.
«O noso desexo é que se idenfiquen as máximas vítimas posibles. As historias destas 18 persoas asasinadas polo franquismo encollen o corazón», continúa.
O deputado, que participou no roteiro de Memoria Democrática de xullo que honrou a memoria destas vítimas e puxo en valor a defensa dos valores democráticos e republicanos, quixo enxalzar o labor os colectivos e asociacións que traballan na reparación da memoria histórica e na investigación das historias dos falecidos.
«Nese senso a Iniciativa Cidadá da Memoria Histórica de Vilagarcía é todo un exemplo de compromiso e traballo incansable. Son estes colectivos os que propician avances como o da excavación desta fosa», alegou Gómez Reino.