Redacción •  Galicia •  05/11/2023

Ecoloxistas en Acción e Acouga unen forzas contra as agresións ambientais

  • Ecoloxistas en Acción e Acouga asinaron en Bergondo, na sede de Acouga, un convenio de colaboración para xuntar forzas para frear as agresións ambientais en Galicia.
  • Ambas organizacións denuncian que a lei de acompañanento dos orzamentos galegos para 2024 modifican, as agochadas, case unha veintena de artigos e varias leis para convertir Galicia en zona de sacrificio eólica e mineira.
Ecoloxistas en Acción e Acouga unen forzas contra as agresións ambientais

Ecoloxistas en Acción e Acouga coinciden en que o modelo de transición ecolóxica que está a desenvolver a Xunta de Galicia a día de hoxe vai en contra das xentes , da fauna e do territorio, sendo un sistema baseado no neocapitalismo voraz e que non procura beneficios sociais nin ecolóxicos, senón ao contrario, está entregado ao servizo de industria sen escrúpulos que só mira polos beneficios económicos.

Ante esta ameaza, Ecoloxistas en Acción e Acouga formalizaron, este xoves 2 de novembro, na sede de Acouga en Bergondo, un convenio de colaboración para sumar forzas contra a vaga de agresións ambientais que está sufrindo Galicia. A través deste acordo ambas organizacións compartirán recursos e información para frear os impactos ambientais e sociais da indústria eólica e mineira.

“As dúas organizacións coincidimos en que gran parte das actuacións administrativas realizadas pola Xunta de Galicia van contra da Lei e, por iso, estamos dispostas a empeñar o noso esforzo en defender a Galicia e as súas xentes diante dos Tribunais”, declara Manuel Pérez Arias, presidente de Acouga.

Ademais, trazarán estratexias conxuntas ante os novos paquetes de medidas para a implantación de proxectos indistriales como é a anunciada lei de acompañamento para otorgar aos proxectos a utilidade pública de carácter superior.

Os representantes das organizacións asinantes do convenio quixeron aproveitar o momento para denunciar a grave situación do territorio galego ante unha vaga de proxectos extractivistas moi lesivos para o medioambiente que está sendo impulsada polo gobierno autonómico.

“O Partido Popular declarou Galicia enteira como zona de sacrificio e cos cambios lexislativos introducidos, as agochadas, na lei de acompañamento dos orzamentos, facilita aínda máis o desenvolvemento expres destes proxectos extractivistas e merma a capacidade da veciñanza para defender o territorio e opoñerse a eles”, sinala Eloy Pérez, coordinador de Ecoloxistas en Acción Galiza.

Ecoloxistas en Acción e Acouga fan un chamamento as galegas e galegos para rexeitar os cambios lexislativos tan dañinos para medioambiente que pretende aprobar o Partido Popular na lei de acompañamento dos orzamentos galegos para o exercicio 2024.


medio ambiente /