Ecologistas en Acción aplaude la decisión de liberar el río Verdugo de la presa de Ponte Inferno
- La organización ecologista celebra la decisión de Augas de Galicia de extinguir la concesión del aprovechamiento hidroeléctrico de Ponte Inferno y demoler la presa para renaturalizar esa zona del cauce del río Verdugo en Soutomaior, Pontevedra.
Augas de Galicia, o organismo galego xestor da conca hidrográfica Galicia Costa, acaba de emitir un informe no que acorda a extinción da concesión dun dos aproveitamentos hidroeléctricos que soporta o río Verdugo. A decisión implica a obriga de demoler todas as infraestruturas situadas no dominio público hidráulico, así como xestionar de maneira axeitada os restantes elementos integrantes do aproveitamento.
Ecoloxistas en Acción aplaude esta decisión, e agarda que se acometa sen demora a actuación para liberar ao río Verdugo dunha das presas que máis dano ambiental estaba a causar ao conxunto do sistema fluvial Verdugo-Oitavén en Pontevedra. Así mesmo, a organización ecoloxista lembra que a sociedade demanda estas renaturalizaciones, que en moitos casos solicitan expresamente os propios concellos afectados. Por esta razón, instan a Augas de Galicia a que prosiga esta liña de actuación racional no uso dos aproveitamentos hidroeléctricos, sen deixarse influír polas presións do oligopolio enerxético.
Ecoloxistas en Acción, xunto ao colectivo local A Rente do Chan- Pladever, leva tempo demandando a extinción do aproveitamento eléctrico e recuperación ambiental, xa que o prazo de concesión para esta central hidroeléctrica finalizou en marzo de 2017. Ademais subliña que se podería comezar moito antes a recuperación do leito “desertizado” augas abaixo do río Verdugo con tan só abrir unha comporta de fondo no muro da presa.
A organización ecoloxista denuncia que, a pesar de que fai catro anos caducou o aproveitamento hidroeléctrico, a empresa concesionaria, Naturgy, e a arrendataria, Elecdey, continuaron explotando o río ata abril de 2021. Ante esta continuada irresponsabilidade ambiental, Ecoloxistas en Acción compareceu como “acusación popular” nas Dilixencias Previas 466/19 que se dirimen no Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra, por presunto delito contra o medio ambiente labor por estas dúas empresas.
Con anterioridade, a organización ecoloxista interpuxo unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social en Vigo pola falta de medidas de seguridade e as pésimas condicións das instalacións da central hidroeléctrica no río Verdugo. Solicitaban que se sancionase a Naturgy por desentenderse do mantemento das instalacións a pesar de seguir beneficiándose economicamente.
Ecoloxistas en Acción sinala que este non é un caso illado en Galicia. Hai decenas de ríos que sofren unha acusada sobreexplotación, cuxo impacto ambiental é maior nos que as presas están próximas á desembocadura. A localización tan preto do mar destas barreiras supón unha grave afección sobre as poboacións piscícolas que precisan dunha fase mariña. Neste sentido, o colectivo AEMS Ríos con Vida leva tempo reclamando actuacións na presa Pé de Viña no río Eo, nas presas A Castelá e Zarzo no río Mandeo, no Salto das Fervenzas no río Vexo, no Salto de Anllóns no río Anllóns e outros ríos como o Lambre ou o Güimil.
Galicia é un exemplo claro do dano ambiental que causa a sobreexplotación hidroeléctrica dos ríos, pero esta falta de responsabilidade ecolóxica é patrimonio común de todo o Estado español. Por iso, Ecoloxistas en Acción fai un chamamento a todos os organismos de conca para que vaian extinguindo os aproveitamentos hidroeléctricos cuxo tempo de concesión chegue a termo, e se renaturalicen os tramos destes ríos afectados.