Gómez Reino pregunta no Congreso sobre a legalidade das obras de urbanización a pé de costa en Cabo Estai
“É un proxecto que quere volver ao urbanismo sen regras dos anos sesenta«.
Unidas Podemos rexistrou unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados sobre o proxecto de urbanización en Cabo Estai, que pretende construir seis chalés nesta zona costeira de Vigo.
A Asociación Veciñal Sociocultural e Deportiva de San Miguel de Oia interpuxo varios recursos alegando que estes terreos están amparados pola Lei de Costas e non respectan o mínimo de 20 metros de distancia co mar. As obras de urbanización xa teñen comezado, cun vial e una escaleira de formigón sobre o dominio público.
Galicia en Común reuniuse este pasado mércores cos veciños, xunto aos círculos de Podemos Vigo e Podemos Nigrán e Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal de Marea de Vigo, para coñecer a situación e ver en primeira persoa o estrago que este proxecto está a supoñer para o litoral vigués. “É unha aberración urbanística e patrimonial, é un proxecto que quere volver ao urbanismo sen regras dos anos sesenta, un proxexto que non é viable segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente polo Concello nos últimos meses”.
“Consideramos que este desenvolvemento urbanístico incumple os criterios de protección ambiental e patrimonial. Imos traballar para paralo”, alega Gómez Reino.
Neste sentido, o documento presentado polo grupo parlamentario apela ao Ministerio de Transición Ecolóxica para o estrito cumprimento da Lei de Costas.
Podes ver aquí a nosa iniciativa