CCOO denuncia, a través da TVG, a situación de acoso sexual no sector de Axuda no Fogar
Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO do Hábitat de Galicia, na súa entrevista para a Televisión Galega (TVG): “o retirar a axuda á persoa dependente non é a solución”.
Tras varias denuncias de acoso sexual por parte de familiares das persoas dependentes ás que atenden, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) trasladáronas ao sindicato CCOO do Hábitat.
Alejandra Gesto trasladou en directo estas denuncias, manifestadas o pasado 24 de novembro, nunha entrevistada na Televisión de Galicia para para visibilizar os intolerables e inaceptables comportamentos de acoso sexual que sofren as traballadoras deste colectivo.
“CCOO do Hábitat de Galicia ten claro cales son os mecanismos de solución para corrixir esta secuela dentro da Axuda no Fogar, pero para iso temos que contar co apoio das administracións para velar porque as empresas que detecten ou sexan avisadas de casos de acoso sexual, poidan aplicar as medidas preventivas e correctoras que garantan tanto a defensa das traballadoras como o mantemento da prestación do servizo coas suficientes e adecuadas garantías de seguridade”, expresou Alejandra Gesto.
Grazas ao traballo de CCOO do Hábitat de Galicia, moitas traballadoras lograron poñer fin a este tipo de abusos nos seus ámbitos de traballo, e por iso queremos seguir animando a todas traballadoras para que se acheguen ao sindicato para denunciar calquera tipo de comportamento desta índole.