Redacción •  Galicia •  08/09/2021

Ecos do Sur celebra no Mercado de San Agustín a Feira de Economía Social, Solidaria e Sustentable

  • Será o vindeiro sábado, 11 de setembro, de 11 a 21 horas, e participarán unha vintena de iniciativas de economía sustentable.
  • Este evento xurde como un espacio de encontro, intercambio e impulso de formas de consumo responsable, solidario e comprometido.
Ecos do Sur celebra no Mercado de San Agustín a Feira de Economía Social, Solidaria e Sustentable

Ecos do Sur pon en marcha a ‘Feira de Economía Social, Solidaria e Sustentable’, Unha xornada para coñecer proxectos de economía sustentable, mercar produtos, bailar, aprender e disfrutar. Cooperativas, ecoloxía, proxectos innovadores, produtos naturais e un chisco de troula! A entrada é libre e gratuita seguindo os protocolos de seguridade COVID!

Esta iniciativa se enmarca no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social”.

O obxectivo da Feira de Economía Social, Solidaria e Sustentable de Ecos do Sur é visibilizar ás entidades e os diferentes proxectos que existen de economía social, achegar este mercado á cidadanía, apoiar un modelo de economía solidaria, participativa e local na que se promoven acordos de colaboración, cooperación e consumo responsable. Doutra banda, as entidades participantes pasarán unha xornada de networking e intercambio de experiencias que lles servirá para estreitar lazos e fomentar sinerxías entre as cooperativas multisectoriais participantes. Haberá stands informativos e de venda de productos, coa presenza dunha vintena de iniciativas de Economía Social de toda Galicia. Tamén haberá presentación de iniciativas, actividades culturais e animación infantil (obradoiro de creación de chapas durante todo o día).

A xornada se desenvolverá de acordo ao seguinte programa:

11:00 Apertura da exposición e venda.

12:00 Presentación de autoridades.

12:30 Obradoiro de Danzas Urbanas para todos os públicos a cargo de Alba Fernández, de Laboratorio Escénico.

13:30 Sesión Vermú foliada, con Foliadeiros de Santa Margarida.

15:00 Sesión DJ Inclusivo da Asociación Cultural Negus, con DJ Montxo Lautrec.

17:00 Presentación de entidades.

19:00 Sesión DJ Inclusivo.

21:00 Sesión clausura – Foliada con Foliadeiros de Santa Margarida.

Actividades:

O encontro conta con 3 áreas de exposición:

  • Área de exposición Pop-up de novas iniciativas.

Lugar que permitirá a exposición de proxectos en proceso de creación, onde presentar o seu proxecto e dar a coñecer os seus produtos e servizos. Procurase deste xeito enfrontar ao emprendemento a unha situación de mercado real onde poidan testar o seu negocio.

  • Área de exposición de empresas da economía social en funcionamento.

Lugar compartido coa exposición Pop-up de novas inciativas, onde terán un stand entidades e persoas vinculadas á economía social para dar visibilidade ao seus proxectos, fomentando paralelamente o modelo de economía solidaria, participativa e local.

Do mesmo xeito as produtoras e proxectos que asistan ao evento poderán comercializar os seus produtos de comercio xusto, ecolóxicos e locais, así como platos preparados e artesanía coas mesmas premisas

  • Área punto de información e asesoramento en cooperativismo e networking. un punto de información permanente onde poder asesorar e informar a todas as persoas que se acheguen ao evento sobre a economía social en xeral e o coperativismo en particular.

As entidades participantes son: A Parva, 7h Coop, Barbudos, Factoría do Lume, Inari Estudio, Os Biosbardos, Flor da Vida, Millo e Landras, AHortas, A Estruga, Anainas, Mulleres Colleiteiras, Ribeiregas, Laboratrio Escénico, Amoenda, Coop 57, Yarama África, Insertega, A RAíña, Amicod e Alcrique. Trátase de iniciativas de alimentación, cultura, arquitectura, cosmética natual, inserción laboral, reciclaxe, agricultura ecolóxica, permacultura ou artesanía.


Economía Social y Solidaria /  feria /  Galicia /