Redacción •  Galicia •  08/07/2021

A candidatura encabezada por Eva Solla recibe o apoio maioritario da miltancia, cun 69,7% , para dirixir Esquerda Unida nos vindeiros catro anos

Esquerda Unida vén de rematar o proceso de votación que se desenvolveu de xeito telemático e presencial ao longo desta semana por sufraxio universal entre a militancia.

A candidatura encabezada por Eva Solla recibe o apoio maioritario da miltancia, cun 69,7% , para dirixir Esquerda Unida nos vindeiros catro anos

Este proceso asembleario no que se someteron a votación os diferentes documentos que marcarán as políticas xerais da organización durante os vindeiros catro anos, contou coa participación máis alta dos procesos internos celebrados en Esquerda Unida.

Os resultados desglosados son:

Balance de Xestión:

-A favor: 69,7%

-En contra: 13,3%

-Abstención:17,1%

Documento Político-Organizativo “Construír a Esquerda”:

-A favor:73,7%

-En contra: 9,3%

-Abstención: 17,1%

Documento de Estatutos:

-A favor:79,7%

-En contra: 3,7%

-Abstención:16,6%

Órganos de dirección nacional:

-Construír a Esquerda: 69,7%

-Pola esquerda confluínte: 26,5%

– Abstención: 3,8%

Polo tanto, o proceso de debate da XIII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, unha vez obtidos os resultados, culminará o vindeiro 10 de xullo coa celebración semipresencial da Asemblea Nacional na que serán ratificados estes resultados.


Esquerda Unida /