BNG proponse paralizar o proxecto de central hidroeléctrica reversible de castrelo de Miño antes de que naza
Para o BNG o proxecto non debe pasar da actual fase postestativa, a fase previa á exposición pública dun proxecto definitivo, na que son as diferentes institucións, organizacións e afectados os que se deben presentar o seu posicionamento ao ministerio.
O BNG, que xa presentou mocións nos concellos afectados, para demandar a oposicións a este proxecto nos entes locais, avanzou iniciativas na Deputación de Ourense, parlamento de Galiza e Congreso dos Deputados.
Noa Presas denunciou a falta de información á veciñanza afectada por parte das institucións responsables sobre un proxecto incompatible coas necesidade dun modelo enerxético dimensionado e a favor dos intereses de Galiza que preserve a biodiversidade e os recursos hídricos
A preocupada veciñanza demandou a paralización inmediata deste proxecto, coñecedora das afectación que xa causou o actual encoro.
09/OUT./23.
Noa presas, deputada do BNG; Marian Nives , voceira do BNG de Castrelo de Miño; Fins Eirexas, xeólogo e técnico de ADEGA; Esteban Suárez, profesor e Enxeñeiro Industrial participaron nun encontro cun centenar de veciños e veciñas preocupadas dos concellos Castrelo de Miño, Cartelle, A Arnoia e outro concellos afectados polo proxecto de megacentral hidroeléctrica reversíbel en Castrelo de Miño no que trasladaron información técnica e de impactos á veciñanza e da vías de oposicións ao mesmo que desde a organización nacionalista xa teñen en marcha.
O proxecto que actualmente se atopa na fase potestativa, restrinxida a persoas afectadas que teñen que alegar contra o proxecto, institucións, asociacións ambientalistas, entre outros; pero aínda non aberta á veciñanza, o BNG comprometeuse a seguir enviando mocións ás institucións que se teñen pronunciar, concellos, Deputación, xunta e ministerio para que o percorridos deste proxecto morra xa aquí e non chegue á seguinte fase de presentación de proxecto definitivo e exposición pública.
A intervención do enxeñeiro industrial, Esteban Suárez, puxo en tela de cuestión a utilidade desta central para cumprir os obxectivos de enerxía verde deste proxecto ao empregar máis enerxía para enviar auga á megabalsa que se construirá no coto Novelle que a que xerará, unha enerxía menor, pero a maior beneficio para a empresa unha vez sexa xerada.
Fins Eirexas, xeólogo e secretario técnico de ADEGA, puxo de manifesto os impactos de tunelación e movementos de terras que implica o proxecto para a comarca, así como importantes ausencias no proxecto que preocupan a asociación ambientalista, desde a duración da concesións, que supón a ampliación da concesión do encoro de Castrelo, até cal vai ser o réxime de funcionamento desta balsa ou que se vai facer co entullo resultado das obras que proven das tunelacións, se van ocupar mananciais ou canteiras, cuestións de gravidade que deberan figuran no proxecto e que non figuran.
A deputada Noa Presas sinalou o abandono das institucións á hora de informar á veciñanza a cerca de cuestións que lle afectan directamente, así como a posición do BNG a fovor da veciñanza forzando a oposición de todas as institucións en contra do proxecto para evitar que avance cara a vindeira fase do proxecto e morra xa na fase potestativa.
Presas foi moi contundente sinalando que o goberno central e o goberno da Xunta están traballando para o lobby eléctrico e dándolle as costas ao pobo, en vez de dar instrumentos á veciñanza para que se informe, para que xulgue e para que se defenda “por iso encontros coma os de hoxe con información técnica e de impactos o está facendo o BNG e organizacións ambientalistas como ADEGA e non fan, como correspondería, as institucións públicas”. Presas remarcou que o BNG xa presentou mocións para posicionar os entes locais afectados en contra do proxecto e que se presentará iniciativas co mesmo fin na Deputación de Ourense, Xunta de Galiza desde o Parlamento galego e no congreso dos Deputados a través de Nestor Rego. Presas recordou que non se poden repetir os erros do século XX e permitir o que Otero Pedrayo con motivo da construción do encoro de Castrelo denominou “feudalismo enerxético”A veciñanza dos concellos afectados manifestou o seu radical posicionamento en contra deste proxecto e que se faga o imposible para que se paralice xa na fase potestativa do proxecto antes de que avance a outra fase. Algúns veciños presentes rememoraron que se a oposición ao actual encoro supuxo durante a ditadura franquista a intervención do exército a cabalo contra a veciñanza acusándoa de sedición agora poderán facer algo máis.