Plataforma compostela x palestina: Mais de mil cincocentas sinaturas de veciñas e veciños de Compostela e comarca en apoio ao pobo palestino dirixidas ao Goberno español
- Acto publico (concentración solidaria) para a entrega por rexistro das sinaturas na Delegación do Goberno en A Coruña, o martes 11 de febreiro ás 11:00 h.
![Plataforma compostela x palestina: Mais de mil cincocentas sinaturas de veciñas e veciños de Compostela e comarca en apoio ao pobo palestino dirixidas ao Goberno español](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2025/02/IMG-20250131-WA0006-950x0-c-default.jpg)
A iniciativa de recollida de sinaturas encuadrada na lenda «eu apoio ó pobo palestino» foi levada a cabo durante meses pola plataforma Compostela x Palestina formada por distintas coletivas da cidade así como persoas a título individual e que está aberta a participación de persoas e entidades que queiran apoiar a loita do pobo palestino e denunciar o xenocidio sionista. Esta inciativa acadou máis de 1500 sinaturas de veciñas e veciños da cidade e da súa comarca, que serán presentadas no Rexistro da Delegación do Goberno na Coruña, cunha Concentración de apoio ás mesmas e ao pobo palestino, o martes 11 de Febreiro ás 11:00 h.
Neste momento en que alomenos se ten producido un cese temporal da Guerra e polo tanto do xenocidio sobre a poboación de Gaza, compre facer maior esforzo para garantir que ese Cese sexa definitivo e para evitar que isto supoña un intento de expulsar ao pobo palestino da súa terra. Por que este Cese temporal da Guerra on debe facer esquecer que o obxectivo é unha Paz xusta para o pobo Palestino, coas debidas garantías de respecto aos seus dereitos. coas debidas garantías de respecto aos seus dereitos.
O Manifesto reclamaba:
1.- O Alto ao fogo inmediato, que debe ser definitivo e comezo dun proceso de Paz xusto e garantista cos dereitos do pobo palestino.
2.- Apertura de corredores humanitarios e cese do asedio sobre os territorios palestinos. Aínda hoxe segue a ser complicado o reparto da axuda humanitaria.
3.- A solución pacífica e negociada baseada no dereito internacional, incluíndo o dereito de retorno das persoas palestinas. Lamentablemente algúns parecen querer planificar a expulsión do pobo palestino da súa terra.
4.- A posta en marcha dun proceso de diálogo que garanta a fin da ocupación e o apartheid contra o pobo palestino e o dereito dos pobos á paz.
5.- O fin do comercio de armas con Israel do Goberno do Estado Español. Facendo un chamamento ao Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel como ferramenta non violenta ata que non se cumpran, como mínimo, estas medidas.
Facémolo como parte da sociedade civil compostelá e galega, porque non quixemos formar parte dun silencio cómplice que quixo apagar a realidade de decenas de miles de persoas exterminadas e máis agora que parece que se quere programar a expulsión das persoas sobrevivintes da súa terra.
Convocamos ao conxunto da cidadanía a participar neste acto público de solidariedade en apoio ao pobo palestino.