Redacción •  Galicia •  11/03/2024

BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado

Mostra o seu respecto polas decisións do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e achaca ao Partido popular toda a responsabilidade da parálise do sector.

Reclama un novo modelo baseado no consenso, a defensa do medio ambiente e o retorno dos beneficios económicos e sociais para os territorios afectados.

BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado

Ante a cascada de suspensiones cautelares de novos proxectos eólicos e a consulta do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao Trinunal de Xustiza da Unión Europea(TJUE) sobre o repecto á normativa europea na tramitación ambiental e  procedementos, o BNG responsabiliza ao PP da inseguridade xurídica do sector eólico e demanda un novo modelo consensuado e ordenado que defenda o medio ambiente e que o retorno dos beneficios económicos e sociais bebeficien aos territorios afectados.

Para a  deputada electa por Ourense, Noa Presas  «a situación de parálise   e inseguridade xurídica ten un único responsable, o Partido Popular» e acusa ao PP de «gobernar só para as eléctricas».

Presas lembra que o PP tumbou a lei e o concurso eólico do Goberno  bipartito, decisión que supuxo  «millóns de euros en indemnizacións».

Por outra banda, apunta que o PP  tamén modificou a lei eólica en  11 ocasións de forma parcial a través doutras leis, «sen suficiente debate, nin consenso dos axentes implicados» ao que suma a carencia dos estudos necesarios e  falta de participación do CES. Ademais, engade que  segue sen   actualizar un Plan sectorial eólico dende hai  case 30 anos.

Para a nacionlalista, o actual  modelo «só da problemas, é contestado polos concellos,  organizacións sindicais e agrarias, o  ecoloxismo e  mesmo o Consello da Cultura Galega.

Entre as moitas eivas que presenta o actual modelo eólico do PP, Noa Presas salienta o risco para  a preservación do medio ambiente e a falta de  beneficios sociais e económicos para Galiza e recalca que «a chapuza lexislativa deixa unha situación no sector  de parálise e inseguridade da que é responsable o Partido popular».

Ante esta  realidade, o BNG reclama un cambio de modelo e un novo   consenso eólico que priorice as necesidades de Galiza e dos galegos e galegas, apostando pola defensa do medio ambiente e que os beneficios econmicos repercutan nos territorios afectados garantindo a participación social da cidadanía.


BNG /