Redacción •  Galicia •  12/06/2022

CCOO pedirá revisar as condicións en que se desenvolven os traballos de montaxe do Son do Camiño

  • Comisións Obreiras dirixirase á autoridade laboral co obxectivo de que se revisen as condicións en que se desenvolven os traballos de montaxe do festival O Son do Camiño, tras producirse hoxe un accidente que implicou a polo menos unha vintena de traballadores, segundo as primeiras informacións.
CCOO pedirá revisar as condicións en que se desenvolven os traballos de montaxe do Son do Camiño

O sindicato agarda que o accidente se salde unicamente con feridos e que a súa recuperación sexa rápida e total. «A súa saúde de todos os traballadores e traballadoras é a nosa principal preocupación nestes momentos», apuntan desde CCOO.

CCOO está en contacto cos corpos de emerxencias e neste momento cónstalle —a través de Bombeiros de Santiago— que nas instalacións en que terá lugar o festival había unha persoa atrapada, non dispondo información sobre a gravidade das súas lesións. Así mesmo, ten confirmación de que polo menos catro traballadores en total foron derivados ás urxencias hospitalarias.

Por último, o sindicato ponse a disposición dos traballadores e traballadoras para calquera tipo de asesoramento laboral ou xestión que precisen en defensa dos seus dereitos.


accidente /  festival /  Sindicalismo /