BNG defende corenta propostas no Debate do Estado da Nación para construír unha Galiza “xusta, moderna e empoderada”
- Luís Bará afirma que contra a propaganda e parches do PP, as propostas nacionalistas inclúen medidas para salvar os sectores estratéxicos, crear emprego e riqueza, poñer en valor a lingua, o patrimonio e a cultura e camiñar cara unha Galiza “feminista, verde, equitativa e solidaria”.
- O BNG votou a favor da proposta do PP condenando o terrorismo e calquera discurso que xustifique ou minimice as súas consecuencias e non participou na votación do texto transaccionado entre PSOE e PP por entender que non reflectía de maneira integra o uso da violencia de Hamás e Israel, dende hai décadas.
O viceportavoz do BNG, Luís Bará defendeu as propostas de resolución presentadas no Debate do Estado da nación para construír “unha Galiza moderna e empoderada” e asegurou que o debate celebrado no hemiciclo galego constatou que só existen dúas alternativas, “a do PP que representa o pasado e o BNG que aposta por un porvir de ilusión, confianza e esperanza”. Contra a propaganda e parches do PP, as 40 propostas nacionalistas inclúen “medidas para salvar os sectores estratéxicos, crear emprego e riqueza, poñer en valor o patrimonio e cultura e acadar unha Galiza “feminista, verde, equitativa e solidaria”.
O BNG, dixo, trae a este debate unha idea central: “falar de Galiza e falar en futuro, de superación, de esperanza, de comunidade, de construción colectiva, de equidade de transformacións, de dereitos e de liberdade e dun país “vivo, xusto, inclusivo, orgulloso, feminista e aberto ao mundo.
Neste sentido, lembrou que o pasado luns víronse dúas alternativas na Cámara galega, “a do PP que representa o pasado, e a do BNG que representa o porvir con Ilusión, confianza, esperanza”. No caso de Rueda, explicou Bará é “un líder accidental, non agardado e imposto” cun proxecto fabricado a marchas forzadas desde o gabinete de prensa do PP con sede en San Marcos e a través da TV pública.
Vostedes, dixo o deputado dirixíndose á bancadas o Partido popular gobernaron durante 14 anos con maiorías absolutas, con maiorías absolutistas, e o balance que deixan é “un país que vai a menos”.
Galiza perde peso político
O balance do PP é de é “cero competencias” e Feixóo e Rueda son os únicos presidentes da historia que non conseguiron ningunha transferencia. Agora, ironizou, Bará, Rueda quere sorprendernos cunha nova ocorrencia “parques caninos” en todas as cidades” pero as cidades non lle piden estes parques o que reclaman son os investimentos pendentes e un reparto xusto do fondos públicos
O nacionalista cualificou ao PP de “axente comercial” das grandes empresas do IBEX. Crearon a sociedade Impulsa de ganchete con Repsol e Abanca, e ,entres vampirizan os recursos públicos reparten migallas entre as Pemes.
IBERDORLA, NATURGY, ENDESA siguen amasando beneficios estratosféricos e agora Rueda anuncia que lle van pagar ás grandes empresas medio millón de euros se a tramitación dun proxecto tarda máis dun ano. A Xunta do PP financiando con fondos públicos empresas que teñen beneficios multimillonarios, criticou e avanzou que o BNG impugnará esta medida e a derrogará cando chegue ao goberno.
Temos condicións para ser un pais rico, envexado e admirado
Bará apelou a urxencia de que Galiza produza para xerar emprego de calidade, riqueza e oportunidades desenvolvendo as cadeas de valor en sectores estratéxicos como a biotecnoloxía a bioeconomía, o complexo gastronómico-alimentario, o da cadea forestal e da madeira, a cadea mar industria, ou a enerxía.
Políticas sociais e benestar
“Non hai benestar sen equidade” e neste sentido, o BNG propón: combater en todos os ámbitos os “discursos machistas e a quen os ampara e os branquea e coa mesma determinación defenderemos os dereitos LGBT e combateremos os discursos transfóbicos e lgbtfóbicos.
Precisamos un sistema sanitario público forte, equidade en educación que o profesorado recupere os dereitos perdidos e máis medios para atención á diversidade.
Bará tamén se referiu ás políticas para a vellez cun sistema público de coidados fronte “a mercatilización e o negocio que fomenta o Partido popular”.
En materia de vivenda, outro dos piares dos dereitos sociais propoñemos superar a parálise e a propaganda do PP con 2 grandes liñas estratéxicas: plan de vivenda pública e plan de vivenda baleira.
Fronte ao desprezo do PP, o BNG aposta orgullosamente por unha lingua sen límites
Bará reiterou que a democracia debe ir unida ao respecto e a dignidade, e unha democracia de calidade pasa por ter Medios públicos plurais ao servizo da maioría.
Sobre o uso do galego cualificou de “vergoña” que o Partido popular e o propio Feixóo ironizara cos pinganillos no Congreso e votara en contra do seu uso na Cámara baixa e afirmou que o BNG sempre vai apostar “orgullosamente por unha lingua sen límites”.
Votacións
Cinco das corenta propostas do BNG acadaron o apoio da Cámara galega destacando a reclamación para unha reforma do modelo de financiamento e avanzar no “autogoberno económico e financeiro”, instar á Xunta a solicitar do goberno central “celeridade” na xestión dos fondos europeos destinados a financiar proxectos industriais, emprazar ao goberno central a rectificar a exclusión dos produtos do mar, carne e conservas para a rebaixa do IVE, e melloras na mobilidade ferroviaria e infraestruturas.
O BNG condena o terrorismo e calquera discurso que xustifique as súas consecuencias
O BNG votou a favor da proposta do PP condenando o terrorismo e calquera discurso que xustifique ou minimice as súas consecuencias e non participou na votación do texto transaccionado entre PSOE e PP por entender que non reflectía de maneira integra o uso da violencia de Hamás e Israel, dende hai décadas.
Neste sentido, Bará explicou que o BNG sempre se vai a posicionar contra a “dobre moral” dos que condenan os ataques e as violencias contra civís de Hamás e se negan a condenar o terrorismo do Estado de Israel, que mira para outro lado diante do sufrimento do pobo palestino, do pobo de Gaza convertido nun xigantesco campo de concentración, quen xustifica a deshumanización do adversario, quen condena os ataques ao pobo de Israel, a matanza de vítimas inocentes e se nega a condenar as masacres continuadas cometidas durante anos co pobo do exercito de Israel contra o exercito palestino, é que as vítimas de Gaza non contan e os nenos e nenas de Gaza non sofren? Parece que nos queren convencer de que a poboación de Gaza e as vítimas morren como vítimas colaterais mentres a poboación de Israel é asasinada, por iso o BNG propuxo un acordo que vostedes nin sequera quixeron falar sobre el. A nós parécenos unha ruindade porque nun parlamento coma este temos que falar dos asuntos de Galiza e chegar acordos nos asuntos de carácter internacional como o que está acontecendo en Gaza, en Palestina e Israel e por iso propoñemos a seguinte proposta de resolución.
O Parlamento acorda demandar ao Goberno galego que impulse a axenda internacional de Galiza tamén o incremento de investimento co fin de chegar ao 0,7% así como amosar a consternación pola franxa de Gaza e Israel que acabou coa vida de 2.000 persoas condenando o uso da violencia tanto a levada a cabo por Hamás como a que leva exercendo Israel dende hai décadas e instando á comunidade internacional a evitar a escalada de violencia e o cumprimento das resolucións aprobadas pola ONU dende 1967 a prol dunha solución dialogada pacifica que elimine calquera acto de violencia.