Unha conversa entre Iria Morgade e Lola Varelaabre as xornadas Memoria e Muller en Celanova
Morgade presentará a súa última novela ‘Quen contará a miña historia’ (Galaxia, 2023) da man da historiadora.
As xornadas comezarán coa proxección do documental San Salvador, presos en Celanova, presentado pola súa directora, Patricia Nogueira.
Celanova, 13 de marzo de 2023. Ás 17,30 horas deste sábado, 16 de marzo, e organizado polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Celanova, comezarán as xornadas Memoria e Muller, que reunirán en dous fins de semanas consecutivos a algunha das principais investigadoras e autoras do país neste eido.
A programación inclúe a presentación de dous libros: Quen contará a miña historia (Galaxia, 2023), de Iria Morgade, escritora e historiadora, que se inspira na represión no Mosteiro de Oia, utilizado como cárcere após o golpe de Estado do 36; e Carmiña Sierra, a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos (Alvarellos, 2024), da historiadora Aurora Marco, que reconstrúe a vida de Carmiña Sierra, muller comprometida na resistencia antifranquista e finalmente exiliada.
Ademais, cada unha das presentacións contará cunha convidada especial para debullar a obra nunha conversa coa autora. Así, a historiadora Lola Varela acompañará a Iria Morgade; e a escritora Susana S. Aríns estará con Aurora Marco.
O programa tamén ofrece a proxección de dous documentais de memoria: San Salvador, presos en Celanova, coa presenza da directora, Patricia Nogueira, que fala da etapa do Mosteiro como cárcere franquista; e Dores, de Coral Piñeiro, que conta entre outras a historia da Illa de San Simón, convertida nun campo de concentración para presos republicanos, ducias deles recluídos alí tras pasar por Celanova.
Este domingo, nun dos que foi escenario da represión en Celanova, celebrarase ademais a conferencia Memoria do LGTB na Galiza do século XX, a cargo da historiadora Daniela Ferrández.
PROGRAMA