Gómez-Reino leva ao Congreso a situación do patrimonio de Ourense
O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, levou ao Congreso as preocupacións de Agora Ourense polo estado do patrimonio histórico e cultural da cidade.
Nunha iniciativa parlamentaria, Gómez-Reino pregunta polas actuacións que está levando a cabo o Ministerio de Cultura para a conservación do patrimonio ourensán.
Dende a candidatura Agora Ourense denunciouse a falta de acción por parte das diferentes administracións públicas para a efectiva conservación do Casco Vello de Ourense.
Así mesmo, o deputado pregunta polas obras de rehabilitación previstas no Museo Arqueolóxico de Ourense, particularmente polas dotación orzamentaria e datas previstas para a súa execución.