Redacción •  Galicia •  13/06/2024

Mobilización sorpresa do persoal de Navantia para demandar avances na negociación do convenio

Os traballadores e as traballadoras de Navantia Ferrol saíron á rúa este mércores ante a falta de avances na negociación do convenio colectivo e do plan industrial. Acordada nunha asemblea realizada a primeira hora no estaleiro, a protesta supuxo o corte de circulación durante aproximadamente unha hora no entorno do estaleiro, e coincide coas reunións do convenio convocadas para esta semana.

Mobilización sorpresa do persoal de Navantia para demandar avances na negociación do convenio

A mobilización enmárcase no calendario que o persoal está a desenvolver dende hai meses para reclamar un convenio colectivo digno, máis carga de traballo, emprego e que se  fagan os investimentos necesarios para garantir o futuro das instalacións da Ría de Ferrol, e con ela «búscase manter viva» a presión.  Ao longo desta semana, explica o secretario do comité, Marcelino Amado, continuarán as asembleas parciais e tamén se manteñen as medidas de «non colaboración».

Despois da concentración do comité de Ferrol na sede de Navantia a pasada semana e de trasladarlle ao presidente da empresa as principais demandas, «parece que as negociacións están avanzando aos poucos». Por iso, en función do que dean de si as reunións de hoxe e mañá xoves, decidiranse nas asembleas as próximas accións a realizar.


Navantia /