Redacción •  Galicia •  14/12/2022

En decembro continúa a folga no Consorcio IeB

Neste mes de decembro continúa a folga no Consorcio, dende o día 12 ata o día 23. Como é habitual a folga irá acompañada de accións centradas nos actos públicos dos políticos que queren decidir o noso futuro sen ternos en conta.

En decembro continúa a folga no Consorcio IeB

Comunicado CNT Galiza

A presión continúa, porque aínda queda o principal por gañar, e porque o conseguido ata agora pode desaparecer, sen presión pódense dar pasos cara a atrás.

A folga no Consorcio continúa a pesar de que a intentan afogar cuns servizos mínimos abusivos; a pesar de que os sindicatos da mesa xeral de negociación admiten calquera documento presentado por Función Pública… e os que votan en contra non pisan a rúa para protestar. Función pública xa se sentou con nós e non puido conseguir desmovilizarnos; e xa sabemos o camiño para que se volte sentar.

As accións, como nos anteriores periodos de folga, serán diarias e a colaboración sempre é ben recibida. Onte mesmo o presidente Rueda enfrentouse a dous escraches na mesma xornada. Se queres dar un paso máis na defensa do teu posto de traballo e participar das accións so tes que enviar un correo a sindical@cnt.gal co asunto “Eu colaboro na FOLGA” e no corpo do mail: Nome, teléfono e localidade.

Se non podes asistir apoia nas redes!!

Apoia co bono da folga no Consorcio!


CNT Galicia /