Redacción •  Galicia •  15/03/2023

Persoal da radio e televisión pública galega sae de novo á rúa “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”

Fan un chamamento a participar na concentración convocada este xoves 16 de marzo, ás 11:30 h, en San Caetano

Persoal da radio e televisión pública galega sae de novo á rúa “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”

Persoal da CRTVG concentrarase este xoves, día 16 de marzo, ás 11:30 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta, para reclamar unha CRTVG ao servizo do pobo.

Con esta mobilización demándase que a CRTVG, como servizo público esencial,  garanta principios básicos como o pluralismo político, social e cultural; a igualdade e a non discriminación, e a defensa da identidade de Galiza, da súa lingua e a súa cultura.

Non máis abusos

Esta mobilización coincide no tempo coas xornadas de folga que o Comité Intercentros da CRTVG convocou para os próximos días 24 e 25 de marzo, baixo o lema “Non máis abusos”, que dan continuidade ao paro do pasado 6 de marzo.

O comité intercentros denuncia o traslado forzoso de medio e a modificación de tarefas de varias traballadoras como medida de castigo e afirma que “foi a pinga que fixo rebordar o vaso dun clima laboral insostíbel marcado pola marxinación profesional, o trato degradante, a denegación de dereitos e as sancións e represión sobre o persoal crítico coa manipulación informativa e o desmantelamento do servizo público”. 

Á concentración convocan aos colectivos que chamaron á manifestación do pasado 6 de novembro baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo. Rescatémola!”, que a seguir se relacionan:

A Mesa pola Normalización Lingüística, AGAG (Asociación Sindical Galega de Guionistas), Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación da Prensa da Coruña, Asociación da Prensa de Lugo, Asociación de Actores e Actrices  de Galicia, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación de Gaiteiras Galegas, Asociación de Periodistas de Santiago/FAPE, Asociación de Profesionais da Rama Artística e da Dobraxe de Galicia APRADOGA, Asociación Lucenza Nigrán, Asociación pola Defensa da Ría, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Avante LGTB+, BNG, CCOO, CGT, CIG, CNT,Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia,  Comité Intercentros CRTVG, Concello de Dodro, CUT, Defende a Galega, Erguer, Esculca, Federación Rural Galega (FRUGA), Fundación Luís Tilve, Fundación Moncho Reboiras, Galiza Nova, InvestiGal-Rede Galega pola Investigación, Mulheres Nacionalistas Galegas, Músicas ao vivo, Organización Galega de Comunidades de Montes  (ORGACCMM), Partido Comunista de Galicia, Plataforma de Pensionistas, Plataforma Feminista Galega, Plataforma Veciñal Mina Touro – O PINO NON, PSdeG-PSOE, Queremos Galego,  REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), Sindicato  Ferroviario, Sindicato Labrego Galego, SOS Ficción en Galego, SOS Sanidade Pública Galega, UGT-Galicia, Vía Galega, Xornalistas Galegas, Xuventudes Socialistas.


CRTVG /