Inauguración Placa na Oliveira por Palestina na Alameda de Santiago de Compostela
- Mércoles 15 Maio. 20:30 h. Alameda de Compostela.
BDS Galiza, a campaña galega de Boicote, Desinvestimentos e Sancións organiza un acto de inauguración da placa na Oliveira situada na Alameda Compostelá co apoio de diferentes colectivas que fan tamén frente común contra o xenocidio sionista. O acto será este mércores 15 de Maio día da Nakba (“a catástrofe”) de1948, a primeira gran desposesión e expulsión das terras palestinas a mans da entidade sionista de Israel.
A hora de inicio será as 20,30 e contará con perfomance, música, poesía e micro aberto para as personas que decidan participar.
ACERCA DE BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións):
BDS é a maior coalición da sociedade civil palestina dende 2005 pola LIBERDADE, a XUSTIZA e a IGUALDADE en resposta aos 76 anos de opresión israelí baixo un rexime de apartheid, limpeza étnica, ocupación e xenocidio.
Inspirado no movemento anti-apartheid surafricano, BDS insta a presionar Israel de maneira non violenta para que respeite o dereito internacional e poñendo fin á ocupación, recoñecendo a plena igualdade das palestinas cidadás de Israel e respeitando o dereito de retorno das persoas palestinas refuxiadas.
Convidamos a prensa e a cidadanía de Compostela a que nos acompañen neste acto . Dende o río ate o mar Palestina vencerá!!.