Solicitan amparo á Valedora do Pobo para protexer os niños de cegoñas na cidade de Ourense
Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción solicitan á Valedora do Pobo a a súa intermediación para resolver o conflito.
Neste ano 2021, aniñaron tres parellas de Cegoña branca no concello de Ourense. Ubicaron os seus niños sobre o contrapeso de tres guindastres en funcionamento en tres obras diferentes da cidade. Unha das obras máis polémicas, onde a empresa COPASA non mostrou colaboración algunha, está facendo as obras do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Amigos das Cegoñas xunto a Ecoloxistas en Acción deron conta ás distintas administracións informando á Consellería de Medio Ambiente mediante rexistro. Falaron cos responsables de goberno do concello de Ourense e inclusos comunicáronse co Ministerios de Cultura e Deporte e Transición Ecolóxica.
Denuncian que a pesar de todas estas conversas se sigue poñendo en perigo a integridade dos aniñamentos e incumprindose a Directiva Europea de Aves Directiva 2009/147/CE e a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, que establecen a protección da Cegoña branca, aos seus pitos e niños, e lembraban, ademais, que tras a última modificación do Código Penal, «realizar actividades que impidan ou dificulten a reprodución dunha especie protexida», como é o caso da cegoña branca, pode ser considerado delito.
Piden á Valedora do Pobo que intermedie coa Consellería de Medio Ambiente para que esta orden que os guindastres queden sen actividade nin movemento algún, ata o voo natural dos pitos de cegoña que sería aos 70 días máis ou menos do nacemento destes que data de 1 de maio aprox. Tamén solicitan que unha vez terminada a época de cría, as administarción busquen ubicacións alternativa para recolocar os niños nun lugar seguro e así esta situación non se volva repetir nas próximas tempadas.