Amigos da Terra e Amigas das Árbores denuncian a falta de control nas talas na Universidade Laboral de Ourense
As entidades consideran que «o edificio e as instalacións» do recinto «son un exemplo de integración paisaxística e de respecto polo ecosistema que o acolle».
Amigos da Terra e Amigas das Árbores destacan o gran traballo levado a cabo polos arquitectos (Julio Cano, José Manuel Sanz e Antonio Ortiz) que deseñaron o proxecto da Universidade Laboral na década de 1970 integrando as edificacións paisaxísticamente dentro dun bosque, «un feito destacado por outros urbanistas do Estado» e «con referencia en varias publicacións especializadas» que «constitúe un patrimonio a conservar.
Por este motivo manifestan a súa preocupación polas recentes cortas de árbores que se están a producir de maneira indiscriminada dentro do recinto, cando nalgúns casos atópanse en perfectas condicións.
Por este motivo os colectivos veñen de presentar un escrito de denuncia ante o Concello de Ourense no que se solicita a inmediata paralización das cortas e que se realice unha investigación a fondo dos feitos que permita esclarecer responsablidades, requerindo asimesmo o compromiso do ente municipal para a restitución da zona a súa condición orixinal.