Redacción •  Galicia •  16/04/2023

Recurren a resolución de Patrimonio Natural que deixa a máis de 700 humidais fóra do inventario galego

  • Ecologistas en Acción presentou un recurso de alzada ante resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural que deixa máis de 700 humidais fóra do Inventario de zonas húmidas de Galicia, algúns deles de especial relevancia pola súa extensión ou a importancia dos seus servizos ecosistémicos.
  • A organización ecoloxista sinala que o inventariado é un primer paso para preservar estas zonas de alto valor ecolóxico, pero será un paso baldío se logo non se lles otorga ningunha figura de protección ambiental.
Recurren a resolución de Patrimonio Natural que deixa a máis de 700 humidais fóra do inventario galego

Ecologistas en Acción presentou un recurso de alzada solicitando a revisión da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural respecto ao Inventario de zonas húmidas de Galicia e solicita a inclusión de máis 700 humidais (Turbeiras, brazáis, brañas, lagoas,…) que non foron recollidos nesta actualización do inventariado.

A organización ecoloxista resalta que este inventariado é unha ferramenta imprescindible para a planificación e protección do patrimonio natural. Por iso alertan que, sen razón aparente, quedaron fóra deste rexistro centos de zonas húmidas e sinalan que o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) ten inventariados máis de mil cen zonas húmidas.

A federación galega de Ecoloxistas en Acción iniciou no ano 2022 a campaña “Humidais para a vida” para concienciar da importancia ecosistémica das zonas húmedas. A campaña vai aparellada dun traballo de campo co cartografiado de humidais non rexistrados. A pesar de que o primer informe desta campaña, referente a provincia de A Coruña, foi entregado á Consellería de Medio Ambiente non foron rexistrados pola Xunta a maioría das zonas húmidas cartografiadas pola organización ecoloxista.

“Inspeccionamos xunto con distintos técnicos, máis de mil fincas da provincia da Coruña e atopamos verdadeiras xoias do noso patrimonio natural: turbeiras, brazáis, brañas, lagoa, …. Zonas húmidas de alto valor ambiental que necesitan ser protexidas para ser preservadas. Porén, a Consellería de Medio Ambiente deixou fóra do rexistro humidais tan relevantes como as turbeira do Torreiro ou a Braña da Serra (Santa Comba/ Coristanco) que é o brezal atlántico mais grande de Galicia.” alerta Roberto Vilela, coordinador da campaña “Humidais para a Vida” de Ecoloxistas en Acción.

Ecoloxistas en Acción sinala que os humidais son indispensables polos innumerables beneficios ou «servizos ecosistémicos» que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce, alimentos e biodiversidade, ata o control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático.

Subliñan que, con todo, un estudo tras outro demostra que a superficie e a calidade dos humidais seguen diminuíndo ano tras ano na maioría de rexións do mundo. En consecuencia, os servizos dos ecosistemas que os humidais proporcionan ás persoas atópanse en perigo. A perda e degradación dos humidais tradúcese nun enorme impacto social e económico como, por exemplo, o aumento do risco de inundacións, diminución da calidade da auga, ademáis de impactos sobre a saúde, a identidade cultural e os medios de subsistencia.

“É esencial garantir a conservación da biodiversidade e dos recursos hídricos como os humidais, e proceder a restaurar as funcións ecolóxicas e os servizos ecosistémicos daqueles que foron degradados polas accións antrópicas como plantíos forestais, agricultura intensiva, instalación de parques eólicos ou explotación de minas” destaca Roberto Vilela.


humedales /