Redacción •  Galicia •  16/05/2024

A CIG chama a participar na manifestación deste 17 de Maio en defensa da lingua

plataforma cidadá Queremos Galego, da cal a CIG forma parte, fai un chamamento á sociedade galega para mobilizarse este xoves, 17 de maio, ás 12:00h desde a Alameda de Santiago de Compostela en defensa da nosa lingua propia.

A CIG chama a participar na manifestación deste 17 de Maio en defensa da lingua

En setembro deste ano cúmprense 20 anos da aprobación por unanimidade parlamentar do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Elaborado coa participación de máis de 1000 persoas de todos os ámbitos, con 400 accións e medidas concretas en cada un deles, non só non se desenvolveu senón que neste tempo incluso se produciron importantes retrocesos.

Por unha Galiza viva, activa e consciente das súas capacidades, precisamos dun goberno realmente comprometido coa súa obriga de promover o uso, presenza e disposición do idioma, cun galego vivo.

É hora dos gobernos asumiren a súa responsabilidade legal e moral co idioma, a comezar pola Xunta de Galiza, e acompañar á sociedade que actúa e se mobiliza día a día para termos o galego vivo, nunha Galiza viva.


lenguas /