Denuncian que a Xunta agocha información sobre as drenaxes ácidas en Touro
- Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Valedora do Pobo o reiterado incumplimento da Lei de Transparencia por parte dos organismos Augas de Galicia, a Xefatura Territorial de Minas de Coruña e a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
- A organización ecoloxistas queixase á Valedora da deliberada ocultación de información referente ao procedemento aberto polas continuadas verteduras de drenaxes ácidas a augas do dominio público hidraúlico realizadas pola empresa Explotaciones Gallegas S.L.
En 2018, froito das múltiples denuncias da veciñanza de Touro, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de A Coruña realiza unha inspección na que constata as continuadas verteduras de drenaxe ácida as augas dos ríos da contorna da mina por parte da empresa Explotaciones Gallegas S.L..
Isto sucede en pleno proceso de tramitación dun expediente de reapertura dunha explotación mineira a ceo aberto nos mesmos terreos de onde proceden as verteduras, sin que se tivera realizado previamente un plan de restauración medioambiental de ditos terreos.
Ecoloxistas en Acción sinala que a mesma Xefatura Territorial de Minas, lonxe de aperturar un expediente sancionador, solicita á empresa un proxecto definitivo de drenaxe das augas ácidas de min. Sen embargo a Xefatura Territorial acepta e valida posteriormente un “proxecto temporal de 6 meses” que carece de documento ambiental e da preceptiva exposición pública para garantir a participación da cidadanía.
Debido a que parte das actuacións se realizarían en zona de policía de leitos dos ríos a empresa vese na obriga de dar traslado do proxecto de drenaxe temporal a Augas de Galicia que tamén aproba dito proxecto sen que tampouco este organismo inicie ningún proceso sancionador ante a constatación de verteduras de drenaxe ácida de mina realizada na inspección.
A organización ecoloxista lembra que en medio deste proceso prodúcese a declaración de impacto ambiental negativa ao proxecto de reapertura da explotación mineira nos mesmos terreos de donde proveñen as continuadas verteduras de drenaxe ácido de mina detectadas pola inspección. A pesar disto e sen que se leve a cabo ningún tipo de seguimento do proxecto de drenaxe temporal aprobado en outubro de 2020, a administración galega abre un novo expediente aceptando a presentación dun novo proxecto de drenaxe en xullo de 2021 por parte da empresa denunciada e admitindo o propio Vicepresidentes segundo da Xunta e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación o inicio dunha nova sanción á empresa en xuño de 2021.
Ecoloxistas en Acción denuncia que transcurridos 3 anos da inspección que constataba a continuada contaminación segue sen pecharse un procedemento sancionador contra a empresa investigada, Explotaciones Gallegas S.L. e permitíndolle realizar as drenaxes ácidas.
Ante esta situación a organización ecoloxistas solicitou acceso a todos os procedementos e expedientes relacionados, pero ningunha das administracións implicadas facilitou documento algún. Indican que semella que tanto Augas de Galicia como a Xefatura Territorial de Mina de A Coruña queren ganar tempo en favor da mercantil e están conculcando o dereito de acceso á información ambiental das asociacións ecoloxistas dándolle aire á empresa e as suas socias para a presentación dun novo proxecto mineiro nos terreos, logo da DIA e Resolución negativas do presentado en 2017, obviando o dereito desta organización á documentación e información requerida atendendo á Lei á lei 27/2006, de acceso á información ambiental que avala o acceso a esa información como asociación ecoloxista e carácter medioambiental e parte interesada (recoñecida pola Lei 38/2015).
Ecoloxistas en Acción denuncia ante a Valedora do Pobo o que considera unha ocultación e denegación continuada de acceso á información e unha falta deliberada de transparencia. Uns feitos que valoran como gravísimos, que causan total indefensión nas persoas e organizacións e que vulneran o dereito fundamental de defensa do medio ambiente.