Redacción •  Galicia •  16/11/2024

O TSXG condena a Pescanova por vulnerar o dereito de conciliación da vida familiar e laboral

  • A empresa negoulle a concreción horaria a un traballador para o coidado de menor
O TSXG condena a Pescanova por vulnerar o dereito de conciliación da vida familiar e laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) condenou recentemente a empresa Pescanova por vulneración do dereito de conciliación da vida familiar e laboral, tras terse negado a aceptar a concreción horaria solicitada por un empregado do centro de traballo do Porriño para o coidado de menor.

O TSXG atendeu deste xeito o recurso de suplicación presentado polo afectado a través da CIG contra a decisión do Xulgado do Social número 6 de Vigo e declara o dereito do traballador a ser adscrito á quenda de noite de 22:00 a 6:00 horas, tal e como reclamara tras xustificar debidamente a necesidade dese cambio para poder encargarse do seu fillo tras un cambio nas circunstancias familiares. 

A sentenza, que xa é firme tras ter renunciado a empresa a presentar recurso de casación diante do Tribunal Supremo, establece ademais unha indemnización de 2500 euros por danos morais ao entender o TSXG que se produciu unha discriminación por circunstancias familiares, xa que Pescanova non achegou razóns organizativas suficientes que xustifiquen a decisión.


Sindicalismo /