A Mina de Touro sancionada polos continuos vertidos ao río Brandelos
- Tras as denuncias de Ecoloxistas en Acción, Augas de Galicia ven de sancionar a EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L. por vertido non autorizado de augas residuais ao río Brandelos en Touro.
- A organización ecoloxista lamenta que, a pesar da reincidencia, se lle impoña unha sanción leve sen ter en conta o agravante da persistencia e a continuidade na conducta infractora.
Tras a denuncia de vertidos realizada por Ecoloxistas en Acción, Augas de Galicia, logo de varias inspeccións iniciadas en febreiro deste ano, abre expediente sancionador contra contra EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L. por vertido non autorizado de augas residuais ao río Brandelos a causa da saída dos tratamentos pasivos de tecnosoles e rebouse da balsa de augas ácedas do establecemento do interesado ubicado na Mina de Touro, Corta da Bama.
A Unidade de Policía Autonómica, a Gardería de Augas de Galicia, así como o Programa de Control de Vertidos levaron a cabo inspeccións durantes os meses de febreiro, marzo e abril e confírman a continuidade dos vertidos de augas e productos residuais ao dominio público hidráulico sin autorización e que estarían prohibidos.
Ecoloxistas en Acción sinala que a empresa EXGA tentou evadir a sanción, ainda que é mínima, negando a autoría dos feitos imputados, a pesar de recoñecer os feitos recollidos na dilixencia de inspección, estando presente nas actuacións inspectoras, non formular observacións en relación coa autoría dos feitos e mesmo aceptando a mostra xemelga no momento das inspeccións.
Segundo os valores analíticos da mostra tomada do vertido en febreiro supéranse os valores previstos no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa (PHGC) para vertidos de augas residuais industriais a dominio público hidráulico nos parámetros de Nitróxeno total, Manganeso e Cobre, tendo este último a consideración de substancia perigosa, tamén se constata a presenza no vertido de níquel, que tamén ten a consideración de substancia perigosa, que supón un incremento de máis do 60% respecto da concentración augas arriba. Un mes despois da primeira mostra realizada en febreiro, constátanse concentracións para os parámetros nitróxeno total, DQO e DBO5 que superan os valores previstos no PHGC para vertidos industriais a DPH e idénticos resultados no mes de abril, quedando probado dabondo o risco de afección á calidade das augas do medio receptor.
Ecoloxistas en Acción lamenta que só se lle imponga á empresa infractora unha sanción leve , xa que concorre o elemento de neglixencia. EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L é perfectamente coñecedora do risco de vertido que comporta a actividade que leva a cabo na Balsa de Bama e xa foi sancionada por vertidos neste mesmo punto mediante resolucións que deviron executivas e firmes según confirma na sua resolución Augas de Galicia nos últimos seis anos. A data deste comunicado debemos indicar que aportamos un video do 5 de maio onde se pode comprobar que os vertidos no punto sinalado continuan.