Redacción •  Galicia •  18/12/2024

O proxecto da mina de Touro retrasase. Novo prazo para presentar alegacións contra la mina

  • As deficiencias do proxecto da mina non solo son técnicas tamén son administrativas.
O proxecto da mina de Touro retrasase. Novo prazo para presentar alegacións contra la mina

Desde a Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non informamos da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia dunha comunicación emenda do acceso á documentaciónna exposición pública do proxecto declarado PIE para tentar reabrir a mina de Touro novamente pola mercantil Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino.

Son varios os documentos que aparecen velados, con erros, repetidos e que como, neste caso, non era posible abrir, trátase do documento denominado “EsIA37_Anexo 35_Cartografía ambiental” , non será ata o mércores que poderemos comprobar se o documento está xa dispoñible e saber do seu contido e si xa é posible consultalo, tamén teremos que comprobar que o novo enlace que poña a administración coincida co anterior e seguir comprobando se existen máis deficiencias; máis de cen arquivos, algúns repetidos, e a maioria coincidentes cos xa analizados no proxecto denegado.

Este novo prazo que remataría o 31 de xaneiro, danos alento para presentar máis alegacións e demostrar que este proxecto é o mesmo, calcadiño ao xa denegado, valoramos moi positivamente a gran resposta da xente nos actos nos que xa puidemos informar e distribuir alegacións, en especial veciños e veciñas de Touro e O Pino, que se están volcando na elaboración de alegacións, recollida de sinaturas e difusión das problemáticas, que xa son coñecidas do proxecto denegado.

Animamos a todas as persoas que se queiran personar no expediente e presentar alegacións que nos sigan nas redes #minatouroopinonon @minatouroopinonon, onde se dispón de toda a información e distintos modelos de alegacións, por temáticas, que poden servir de base para calquera que queira participar neste proceso de exposición pública e axudarnos a despachar as intencións de reapertura da mina definitivamente que non son a solución nin de emprego nin de restauración da zona e menos das aguas, á vista está o tan cacareado proxecto de drenaxe que conta coa aprobación de Augas de Galicia, e polo que non poderían sair augas da mina non se cumpre, sin autorización de vertidos, sin ningún tipo de tratamento as augas corren libres camiño do río Ulla.


minas /