Redacción •  Galicia •  19/01/2022

Galicia en Común acusa á Xunta e Diputación da desfeita do proxecto Trazas de Pontevedra

Gómez Reino: «No caso de que non se respecte a normativa en materia de protección patrimonial, as actuacións previstas de Trazas de Pontevedra deberían paralizarse de maneira inmediata».

Galicia en Común acusa á Xunta e Diputación da desfeita do proxecto Trazas de Pontevedra

Galicia en Común pediu un tratamiendo arqueolóxico e divulgativo axeitado para a actuación Trazas de Pontevedra, unhas obras de restauración e musealización de 18 castros que xa recibiron varios informes desfavorables por priorizar o lecer e o turismo antes que a conversación e protección do patrimonio histórico e cultural.

A formación xa denunciara posibles afeccións ao patrimonio histórico baseados nos informes expedidos polo Consello da Cultura Galega, o Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) ou a Academia Galega de Belas Artes, e presentou varias preguntas ao Ministerio de Transportes e ao Ministerio de Cultura respecto diso.

Nas respostas, o Goberno afirma que coñece estes informes e que se están tendo en conta para o “desenvolvemento das actuacións pendentes”, e que as próximas fases do proxecto -xa se rematou a primeira- deben contar coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, como ocorreu coa primeira parte.

Nos últimos días coñeceuse que o Ministerio de Transportes puxo sobre a mesa a posibilidade de parar as musealizacións por mor das denuncias de organizacións interpostas como a de Umia Vivo. O deputado por Galicia en Común, Antón Gómez Reino, insistiu na necesidade de avaliar as actuacións realizadas ata o momento para “identificar todas as desviacións” que se puideron cometer no proxecto. De feito, a formación sostén que as obras realizadas e as proxectadas poderían supoñer un expolio do patrimonio por atentar contra a súa integridade e provocar un deterioro dos castros e os seus entornos.

“No caso de que non se respecte a normativa en materia de protección patrimonial, as actuacións previstas de Trazas de Pontevedra deberían paralizarse de maneira inmediata”, agrega o deputado. “A Xunta está a priorizar o interese turístico antes que a conservación e protección dos asentamentos castrexos galacio-romanos, e foi a súa responsabilidade o que provocou a desfeita das obras xa realizadas. Seguiremos expectantes ata que saibamos o que vai a pasar con este plan, porque para tratar así o noso patrimonio mellor non actuar sobre el.”


Galicia en Común /