Redacción •  Galicia •  19/04/2023

Gómez-Reino: “Feijóo critica a política de vivenda cando no seu CV ten 10 vivendas públicas construidas nos últimos anos”

  • O deputado de Galicia en Común critica a postura do líder do PP en materia de vivienda despois de “terse inhibido de xeito ruborizante nos últimos anos”.
Gómez-Reino: “Feijóo critica a política de vivenda cando no seu CV ten 10 vivendas públicas construidas nos últimos anos”

O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, celebrou que o Goberno de España mobilizara 50.000 vivendas da Sareb para alugueiro accesible.

“Celebramos unha medida demandada polo sentido común, polos movementos sociais, por Unidas Podemos e por Galicia en Común, como é que se puxeran dunha vez por todas a disposición as vivendas da Sareb”, dixo Gómez-Reino este martes nunha rolda de prensa no Congreso.

“Condénsanse así os desexos e demandas que caracterizaron o inicio deste ciclo electoral e político, que son as demandas do dereito á vivienda”, engadiu o deputado, resaltando que España é un dos países a escala europea con menor índice de vivenda pública.

“Alegrámonos de que se dera ese paso e cremos que ten que ser o máis amplio posible e incorporar o maior número de vivendas da Sareb”.

Nese senso, o portavoz de Galicia en Común resaltou que na nosa Comunidade hai 1.800 vivendas da Sareb “que esperamos que se poñan de inmediato a disposición”.

Gómez-Reino criticou a postura adoptada polo líder da oposición e expresidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se opón a nova lei de vivienda acordada entre os socios do Goberno (PSOE-Unidas Podemos) con ERC e EH-Bildu, así como ao plan de movilización de vivendas da Sareb.

“Escoitamos ao Sr. Feijóo dicindo que o que había que facer é construir máis vivienda. Hai que lembrar que no curriculum vitae de Feijóo en Galicia ten 10 vivendas públicas construidas nos últimos anos”.

“Creo que chama a atención que o Sr. Feijóo nos veña a dicir como hai que facer política de vivenda despois de terse inhibido de xeito ruborizante nos últimos anos en Galicia”, sinalou Gómez-Reino.


Galicia en Común /