CNT Vigo: «Porto Panaderos explota e non paga»
- Porto Panaderos adebédalle máis de 5.000€ ao noso compañeiro Jonathan.
Convocamos á afiliación para o próximo venres día 22 de decembro, ás 17 pm no local de CNT-Vigo para facer un piquete contra Porto Panaderos, na Rúa Travesia de Vigo Nº 181.
Necesitamos que confirmedes a vosa asistencia porque nesta ocasion necesitamos desprazarnos en coche. E decir, quenes vaiades vir, confirmade a vosa asistencia e se tendes vehículo para desprazar á xente dende o sindicato, seremos unhas 10 persoas (coma moito, quenes vaiamos dende aqui ata o local de Porto Panaderos na travesia de vigo)
Convocámosvos tamén para organizar grupos de reparto de propaganda pola noite nos locais de Porto Panaderos da cidade. Son 9 locais e precisamos dun coche!
Resumo do conflicto:
Porto Panaderos adebédalle máis de 5.000€ ao noso compañeiro Jonathan, que tan só descansou 3 dias nos máis de 4 meses que traballou na empresa. Así, a débeda en concepto de horas extras é moi elevada.
Jonathan non ten apoios familiares nin de ningún outro tipo, e a súa situación é un tanto complexa, tendo comprometido o pago do próximo alugueiro do séu piso, xa que non cobrou o finiquito e non ten acceso á prestación por desemprego posto que causou baixa voluntaria en Porto Panaderos, no pasaso mes de Novembro, tras aguantar xornadas maratonianas de traballo durante meses.
Acción sindical:
A acción sindical é o pilar principal no que se sustenta a práctica anarcosindicalista que da sentido ao noso sindicato. Asi pois, é de vital importancia o compromiso da afiliación/militancia para dar resposta de maneira efectiva aos conflictos sindicais que se queren resolver mediante a práctica da acción directa anarcosindicalista.
Nesta ocasión a empresa non amosa ningún tipo de vontade negociadora, e é por iso que debemos tentar de solucionar o conflicto mediante a práctica dunha estratexia de acción sindical contundente e efectiva, que non é posible sen o apoio solidario e mútuo da nosa afiliación/militancia.
Así as cousas, pensamos que é viable que o próximo venres poidamos xuntarnos un mínimo de 20 persoas e facer un piquete en condicións, o que implica unha participación activa no mesmo, repartindo propaganda e informando do conflicto aos viadantes que haberá a esas horas no Calvario.
Pedimos que confirmedes a vosa asistencia ao piquete do venres respostando a este correo electrónico.
Organización das actividades sindicais colectivas e individuais:
As actividades colectivas son principalmente duas:
-Piquetes, que por agora se farán os vindeiros venres aínda que esperamos poder organizar dous por semana, venres e sábados, dependendo da vosa implicación
-Reparto nocturno de propaganda nos locais de Porto Panaderos. Trátase de empapelar as fachadas dos locais de esta empresa e as súas inmediacións cos carteis que xa temos feitos. Para este tipo de accións pensamos que son suficientes 3 persoas, é necesario dispor dun coche, así que solicitamos que as persoas que queiran participar nesta acción (teñan ou non coche) nolo fagan saber respostando a este correo para que poidamos organizar os grupos que se poidan xerar.
As actividades individuais son, principalmente:
-Difundir o conflicto entre os vosos circulos sociais, xerar comentarios nas redes sociais de Porto Panaderos, e enviar emails e chamar á empresa.
Os comentarios, emails e chamadas Porto Panaderos, deben reivindicar o abono das cantidades que se lle adebedan a Jonathan, e facer mención ás irregularidades laborais implícitas no caso, que principalmente, e para non complicarnos en exceso, son:
-Impago do finiquito.
-Impago das horas extras realizadas en domingo, que implican un sobrecargo do 150% da hora ordinaria segundo o convenio de Panaderias e confiterias de pontevedra.
-Impago da meirande parte da nómina de xullo.
-Ausencia de rexistro horario e calendario laboral.
-Incumprimento do descanso semanal minímo de 2 dias consecutivos.
SOLICITAMOS A VOSA IMPLICACIÓN NO CONFLICTO!!
Practicar o apoio mútuo é ben sinxelo, ¡¡e tamén divertido e unha forma de pasar unha tarde chuviosa e ociosa, en familia ou con amigas/os!!!