Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil
- Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso.
- Denuncian que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos.
20 de decembro de 2023.- Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.
Ao longo do documento, noméase repetidamente o “ecoloxismo radical” e o “forte activismo das asociacións ecoloxistas” ou a “utilización da minaría como arma en Galicia” como “ameaza”, mentres se critica a existencia dunha “mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno”, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de “asociacións ambientalistas”, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.
Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos.
Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande “ameaza”.
O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare’ e as accións estratéxicas contra a participación pública (“SLAPP”, nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.
Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social
A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha “campaña divulgativa nos centros educativos” e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda “Minaría Sostible de Galicia” da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun “distintivo de sustentabilidade”, a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.
A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde os colectivos asinantes, demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecosistemas.
Entidades asinantes:
- A de Rousmeri
- A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
- A Quenlla
- A Rente do Chan-PLADEVER
- A Ría Non se Vende
- Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
- Amigas da Terra
- Amigas das Árbores de Ourense
- Arabías Soc. Cooperativa Galega
- Asociación A Lama Vive
- Asociación Alarma na Terra de Montes
- Asociación Ambiental Contramínate
- Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
- Asociación Amigas das Cegoñas
- Asociación APEOM
- Asociación Asemblea do Suído
- Asociación Avoar
- Asociación Axóuxere Editora
- Asociación Cheiros NON
- Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
- Asociación Cultural Canle de Lira
- Asociación Cultural Bubela de Abuín
- Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
- Asociación Cultural, Deportiva e Cultural Treze Catorze, de Salceda de Caselas
- Asociación Cultural Fuco Buxán
- Asociación Cultural Liceo Mutante
- Asociación Cultural Lucerna
- Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
- Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
- Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
- Asociación de Amigos da Dorna Meca
- Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
- Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
- Asociación de Indignados de Gestoso
- Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
- Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán
- Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
- Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
- Asociación Ecoloxista Arco Iris
- Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- Asociación Fixing
- Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
- Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
- Asociación Nove Refachos
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
- Asociación Ridimoas
- Asociación Sachos á Rúa
- Asociación Touda
- Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
- Asociación Veciñal de Lentille
- Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
- Asociación Verdegaia
- Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
- Ateneo Libertario Pontevedra
- BerXallas Minaría Destrutiva Non
- Brexa, Asociación de Custodia do Territorio
- Biblioteca Maravilhas
- Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
- Centro de Saberes para a Sustentabilidade
- Centro Social A Gentalha do Pichel
- Centro Social A Pedreira
- Centro Social Mádia Leva
- Centro Social Fuscalho
- Colectivo Agrocuir da Ulloa
- Colectivo Arroutada
- Colectivo ArteLixo
- Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
- Colectivo Capitán Gosende
- Colectivo O Suído
- Comisión contra as Minas na Terra Chá
- Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
- Confraría de Pescadores de Noia
- Confraría de Pescadores de Portosín
- Cornado Mina Non
- Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
- CSA Casa Colorida
- Ecoloxistas en Acción
- Federación Ecoloxista Galega
- Federación Rural Galega (FRUGA)
- Fridays for Future Santiago
- Fundação Montescola
- Greenpeace
- Instituto Resiliencia
- Movemento Galego polo Clima
- Naturgalicia
- Organización Galega de Comunidades de Montes
- Plademar Muros-Noia
- Plataforma anti-minas de Mesía
- Plataforma Casalonga limpa de residuos
- Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
- Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
- Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
- Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
- Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
- Plataforma Oro No
- Plataforma pola Defensa do Monte Neme
- Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
- Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
- Plataforma pola Recuperación do Sar
- Plataforma Quixote de Outes
- Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
- Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
- Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
- Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
- Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
- Salvemos a Comarca de Ordes
- Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
- Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
- Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SOS Encrobas
- Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
- The Foundry
- Zuleiro Grupo de Consumo