Panoramio •  Redacción •  Galicia •  29/08/2016

AGE insta á reapertura a pleno rendemento do Hospital do Meixoeiro

A deputada de AGE, Eva Solla, acompañou aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega de 50.000 sinaturas no Parlamento de Galicia esta mañá.

AGE insta á reapertura a pleno rendemento do Hospital do Meixoeiro

A deputada de AGE e número 3 da candidatura de En Marea pola provincia de Pontevedra, Eva Solla, acompañou en sinal de apoio ás súas reivindicacións, aos integrantes de SOS Hospital do Meixoeiro na entrega dun total de 50.000 sinaturas coas que se insta ao Goberno da Xunta de Galicia a restaurar os servizos do hospital para que funcione ao 100 por cen despois de ser minguado tras a apertura do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Durante os últimos sete meses os integrantes de SOS hospital do Meixoeiro levaron a cabo esta recollida de sinaturas “en defensa do público e buscando unha muda deste sistema para tar unha sanidade que poda ser 100 por cento pública e evitar as desviacións aos centros privados desde o Meixoiro” destacou Miguel Alonso membro de SOS Hospital do Meixoeiro.

Os integrantes desta plataforma denunciaron así mesmo que pese a que se están a gastar moitos máis cartos se está a dar un peor servizos polo que reclaman que “todos os euros que se gasten dos impostos da cidadanía sexan entregados en prestar servizo á xente da mellor maneira posible”.

SOS Hospital do Meixoeiro asegura que dende a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), o Meixoeiro perdeu servizos fundamentais, U.C.I. ou Reanimación. O peche de plantas de hospitalización produciuse xa dende o principio, vai en aumento o número de camas que se eliminan, por contra, vemos como en centros hospitalarios privados do noso contorno crecen día a día. Todo isto inflúe negativamente na atención das e dos pacientes da nosa Área Sanitaria.

As listas de espera acadan os peores datos de toda Galicia e uns dos peores de toda España. Xustifican o peche de camas, ou a non necesidade das mesmas, con operacións ambulatorias sen necesidade de ingreso, pero a poboación segue precisando das operacións de media e longa estancia, xa que estas patoloxías non desapareceron. Son precisamente estas intervencións de maior complexidade as que se derivan a clínicas privadas, xa que son as que reportan os maiores beneficios.


AGE /  Alternativa Galega de Esquerda /  Galicia /  sanidade pública /