La Tienda Republicana

O BNG denuncia que RENFE vende billetes Intercity a prezo Avant sen informar ás persoas usuarias

19/08/2019

A parlamentaria Noa Presas salienta que existen denuncias de persoas afectadas no tramo Ourense-Coruña, ás que cobraron polo billete AVANT, 25,30 euros cando en realidade se trata dun tren Intercity cun prezo de 21,10€.

A deputada Noa Presas / BNG
Presas afirma que a venda de billetes coa tarifa máis cara e sin previa información representa unha “estafa” xa que o billete non conleva as características como a conexión para un ordenador ou teléfono e os atrasos derivados dun  tren procedente de fora de Galiza. Ademáis, explica que  a desactivación do cadro eléctrico á chegada a Ourense para a súa adaptación á vía sen electrificar provoca  outra molestia aos usuarios, a desconexión o ar acondicionado.
 
A unha maior contía no billete, Presas engadiu o tempo empregado no percorrido, “un Avant emprega entre Ourense e Santiago 38 minutos de viaxe, mais se é un Intercity sobe a 51 minutos. Entre Ourense e Coruña a diferenza é de 1h e 8 minutos para o Avant e 1 hora e 25 para o Intercity”
 
Nas reclamacións ás que o BNG tivo acceso, afirma a nacionalista, Renfe respondeu con mentiras sobre  as características técnicas homologando o tren Intercity ao Avant.
 
A deputada anunciou que o BNG presentará iniciativas no Parlamento para reclamar a  mellora na política informativa, homologar  o prezo ao máis baixo e  sen aplicar un “imposto revolucionario” así como incrementar máis liñas de horarios para o AVANT e abaratar os prezos dos billetes.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.