La Tienda Republicana

Eva Solla: “Feijóo tenta desmarcarse do PP no seu discurso para minimizar dez anos de recortes”

26/09/2019

“En dez anos de Núñez Feijóo perdemos xa 2.000 millóns de euros de recadación e iso vai incidir directamente no investimento para sanidade, política social, educación así como para o resto de necesidades que temos as galegas e galegos”, dixo Eva Solla.

Eva Solla / EU

No Debate sobre o Estado da Nación que tivo lugar esta mañá no Parlamento de Galicia “o señor Núñez Feijóo intentou desmarcarse do seu propio partido, intentando semellar unha proposta seria para as vindeiras Eleccións”. Sen embargo, para a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, o Partido Popular de Galicia é o mesmo Partido Popular de Madrid e “non hai nada que poida facer Núñez Feijóo para desmarcarse de dez anos de recortes en servizos públicos, na sanidade ou no empeoramento na calidade de vida de máis de 600.000 galegos e galegas que viven baixo o limiar da pobreza”.

“En primeiro lugar, nestes últimos dez anos Galicia perdeu 54.000 empregos, unha parte moi importante deles nos sectores primarios e industrial. Preguntámonos como se pode afirmar que a industria está mellor cando a realidade é que no noso país o volume de emprego industrial leva descendendo dende fai máis de dez anos. Respecto á automoción, e só por poñer un exemplo, o volume de contratación caeu en máis dun 26% no último ano cando hoxe mesmo o Presidente da Xunta estivo presumindo de empregos precarios”, valorou Eva Solla.

A deputada botou de menos algunha palabra “para referirse a un Plan que evite a fuga de empresas ou ao dumping social que se está a producir coa fuxida de empresas, ningunha palabra para os traballadores e traballadoras de R que están na rúa a protestar polos seus postos de traballo”, dixo. “Non hai nada de que o señor Feijóo poida presumir cando tivemos un recorte de 376 millóns de euros en sanidade nos últimos anos, recorte que se evidencia na situación que temos na atención primaria e no resto dos servizos públicos. Os médicos van volver á folga porque, en realidade, non se tomou ningunha medida para intentar remediar esta situación.

“Como se pode presumir da situación de Galicia en materia de política social cando hai máis dun milleiro de persoas agardando por una residencia de maiores pública?  Como se pode presumir de servizos públicos cando o PP vota en contra de iniciativas que levamos nas que defendemos a necesidade de ter máis medios para os centros públicos de maiores?”, inquiriu Solla.

Respecto ás novas tecnoloxías, “o PP fala de innovación cando Galicia é unha das peores comunidades en canto ao acceso á banda ancha se refire. Soamente un 61% da poboación galega ten acceso fronte ao 81% da media española. Pero Feijóo non vive na realidade”, recalcou Solla. Para a deputada “a realidade é que nos debuxou un panorama dun país que non existe”, xa que fala de “aumento de coutas pesqueiras” o “mellora do agro” cando “en realidade os investimentos en materia de agricultura e pesca só se reduciron”.

Para Solla, neste discurso si se anunciaba unha novidade: as baixadas de impostos indiscriminadas, o que significa unha baixada da recadación. “En dez anos de Núñez Feijóo perdemos xa 2.000 millóns de euros de recadación e iso vai incidir directamente no investimento para sanidade, política social, educación así como para o resto de necesidades que temos as galegas e galegos”. “A realidade é que neste país teñen que pagar  impostos as rendas máis altas para que logo se distribúa en sanidade, educación, política social... e tamén o que ten que ver na creación de emprego”.

Dende Esquerda Unida defenden a necesidade de ter unha estratexia para o emprego coa fin de reducir a taxa de temporalidade, que continúa a aumentar, e evitar a situación de abuso empresarial.

Por todo isto, Solla concluíu que: “Estamos diante dun discurso fóra da realidade e pouco axeitado despois de dez anos de recortes. Pola nosa banda, queremos unha estratexia para o emprego que reduza a temporalidade, incremente a contratación estable e reduza a temporalidade, así como unha estratexia para os servicios públicos cun orzamento vinculado que permita saír a flote aos nosos servizos sociais esquilmados por dez anos de recortes”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.