Redacción •  Galicia •  21/01/2022

Esquerda Unida apoia e secunda a folga no sector conserveiro que se realizará o venres 21 e os próximos 3 e 4 de febreiro

Esquerda Unida estará presente nas mobilizacións e nas concentracións que se realizarán diante das fábricas en Boiro, Vilagarcía e Vigo apoiando ás traballadoras e traballadores nas súas reivindicacións por un convenio xusto e ante a intransixencia da patronal do sector para mellorar as súas condicións laborais.

Esquerda Unida apoia e secunda a folga no sector conserveiro que se realizará o venres 21 e os próximos 3 e 4 de febreiro

Esquerda Unida considera inadmisible que a patrona dun sector precarizado como o conserveiro non atenda ás reivindicacións sindicais e que se resumen en: aumentos salariais con clausulas de revisión para non perder poder adquisitivo, acabar coa discriminación salarial entre homes e mulleres, estabilidade e fin da precariedade, non ao traballo obrigatorio en fins de semana e festivos para as novas contratacións ou a prohibición de suspender o contrato fixo descontinuo en véspera de fin de semana ou festivo, entre outras. Reivindicacións factibles, sensatas e facilmente asumibles, tendo en conta ademáis os enormes beneficios económicos e o aumento de producción

Por todo isto Esquerda Unida cre xustas e necesarias as reivindicacións sindicais nun sector estratéxico para a economía galega, pero historicamente precarizado e responsabiliza á patronal pola súa intransixencia á hora de negociar un convenio xusto.


Esquerda Unida /