Redacción •  Galicia •  21/01/2024

O ecoloxismo súmase á manifestación «En defensa do Mar»

  • Colectivos ecoloxistas e do mar chaman a manifestarse «EN DEFENSA DO NOSO MAR» este domingo, 21 de xaneiro, en Santiago de Compostela. A manifestación sairá ás 12:00 da Alameda vella e recorrerá as rúas de Compostela ata a praza do Obradoiro.
  • Fronte á situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente, os colectivos ecoloxistas e do mar denuncian a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a ésta ameaza.
O ecoloxismo súmase á manifestación «En defensa do Mar»

Novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións, ecoloxistas e xente do mar sairon ás praias a loitar contra esta marea plásticaante a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a ésta ameaza.

Esixen á Xunta de Galicia e ao Estado Español unha mínima coordenación para facer fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información ao público de como se usan os medios aéreos, marítimos e as imaxes satelitais e de oceanografía operacional, no control do tráfico e seguimento dos vertidos e medidas de intervención no mar para evitar que cheguen as verteduras ás nosas costas.

Reclaman tamén transparencia na información ao público sobre a toxicidade dos materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños. Adeais solicitan que se subministre ao voluntariado os medios de protección axeitados aos perigos do material que manipulan e os contedores específicos para a súa recollida

Denuncian a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico.


mar /