Redacción •  Galicia •  21/02/2022

Gómez Reino pide no Congreso executar as obras do paseo de Foz de «maneira inmediata»

O portavoz sinala a “deterioración considerable” e o “perigo de derrubamento” desta zona.

Gómez Reino pide no Congreso executar as obras do paseo de Foz de «maneira inmediata»

Galicia en Común rexistrou unha iniciativa parlamentaria sobre a execución da fase 2 das obras do paseo de Foz, en Baiona.

O pasado decembro remataron as obras da Fase 1, que supuxeron o inicio dunha reconstrución moi demandada por parte de diversas organizacións veciñais. O derrubamento do paseo de Foz en 2018 pola erosión mariña, en Baiona, comezou a súa reparación coa colocación dun dique que substitúe ao muro de contención e a eliminación do percorrido de primeira liña de costa no tramo de 50 metros que sufriu esta caida.

O portavoz Antón Gómez Reino preguntou sobre a situación actual da segunda fase prevista que pretende unha actuación similar á anterior sobre os 150 metros restantes. A formación insiste na “deterioración considerable” e o “perigo de derrubamento” nesta zona, polo que pide a “máxima axilidade”.

“Pedimos que leven a cabo esta segunda fase de maneira inmediata para o arranxo do paseo de Foz, un lugar dun gran atractivo turístico e que non pode continuar nesta situación”, sinala o deputado. “Principalmente, por seguridade pública, pedimos que se solucione esta problemática que tanto demandan os veciños e as veciñas de Baiona”.


Galicia en Común /