22 de marzo, manifestación por terra e por mar: Non a Altri, Non á mina de Touro
- A Pobra do Caramiñal.
- 22 de marzo de 2025, 12 h.
- Saída da explanada do porto comercial, diante da Lonxa.

Neste 22 de marzo, acompañaremos á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a reclamar, entre outras cousas, a protección do marisqueo fronte aos proxectos extractivistas que queren acabar cos recursos naturais dos que dispoñemos.
Información importante de cara a manifestación
Os buses teñen un espazo habilitado no Porto, moi limitado, polo que cando se encha van ter que deixar as persoas na zona da saída da manifestación e logo marchar para a parte de Cabio e para o polígono.
Recoméndase empregar os autobuses, se tedes que vir en vehículo particular procurade poñervos de acordo para compartilo. Intentade tamén saír con bastante antelación, previsións de atasco importantes.
Será necesario que as persoas que acudan á manifestación leven paraugas e chuvasqueiro pola previsión de choiva fina.