Diante das últimas declaracións do Sr. Borrell na Conferencia de Seguridade de Múnich
Comunicado denunciando as últimas declaracións do Señor Borrell, chamando directamente a incrementar os gastos militares de volta.
O Alto Comisionado da UE para Asuntos Exteriores, ou sexa, o seu ministro de AA. EE, na Conferencia de Seguridade de Múnich, onde tentan recabar novos apoios ao goberno de Zelenski, chamou a acelerar e aumentar a axuda militar ao exercito ucraíno.
Ate hoxe a UE leva “investidos” na guerrra de Ucraína 34 mil millóns de euros, que nun reparto de tarefas co seu aliado os EE.UU, os cales van destinados principalmente á axuda “financeira” (cando o pobo ucraíno teña que pagar as débedas, a súa pobreza crecerá esponencialmente), mentras o goberno de Biden adícase principalmente á axuda militar, ao que destina máis do 50 % dos 47 mil millóns que leva enviados.
Estos 34 mil millóns de euros significan o 70% dos orzamentos da Politica Agraria Común da UE, por exemplo. E o Sr. Borrell chama a aumentar esa axuda a costa, de que? Sr. Borrell; porque o diñeiro non nace das árbores, senon sae das costas das traballadoras e os traballadores, aos que empobrecen coa inflación derivada o aumento do déficit público, ou dos gastos nos servizos públicos, recortados ate a minima expresión.
A implicación activa da OTAN, e da UE, na Guerra da Ucraína supón políticas de “guerra” contra o pobo traballador para financiar o esforzo militar que se está a rexeitar en manifestacións como as do pasado 12 de febreiro contra o desmantelamento da Sanidade Pública en Compostela, Burgos ou Madrid.
O diñeiro está contado, ou vai para armamento e axuda ao goberno de Zelenski ou vai para sanidade e servizos públicos. Ou o deficit público serve par mellorar estos servizos, ou serve para armar ao exercito ucraíno.
Porén, o Encontro Galego contra a OTAN rexeita rotundamente as chamados do Sr. Borrell no nome da Unión Europea, e chama a profundar na unidade frente as politicas belicistas da OTAN, con novas mobilizacións na rúa.