25-F: Concentracións contra o Xenocidio en Palestina
Por Palestina
Poñer fin ao comercio de armas e ás relacións con Israel.
Con este lema, a Rede de Solidariedade contra a Ocupación de Palestina (RESCOP) e a campaña Remate do Comercio de Armas con Israel convocaron, o próximo 25 de febreiro, unha xornada de mobilizacións no Estado español.
Na Galiza secundase esta convocatoría en distintas localidades e vilas galegas. Para a súa difusión enviamos a seguinte nota de prensa con horarios e lugares onde se van a celebrar estás concentracións, ademáis de información sobre que colectivas convocan. Colectivas todas que traballan polo dereito a existir e ser libre do pobo palestino.
O vindeiro domingo 25 de febreiro voltaremos a saír as rúas contra o xenocidio en Palestina e polo final do comercio de armas e as relacións con Israel.
A acción que desenvolveremos forma parte dunha movilización a nivel estatal onde moitas cidades e vilas da Galiza e do estado encheremos as plazas de bandeiras dun pobo que non ten con que defenderse ante a masacre da entidade sionista
- Ata cando os gobernantes do mundo van ser complices de esta masacre?
- Ata cando o Goberno do Estado Español vai permitir que isto suceda?
- Ata cando a ONU vai deixar de palabras e pasar á acción?
- Ata cando ti vas a permitir que isto siga acontecendo?
- A unidade nesta loita é importantísima para conquerir a paz e a liberdade para o pobo Palestino.
Convidamos, por tanto, a participar en todas as movilizacións que se convocan o 25 de Febreiro nas distintas localidades e vilas galegas.
- A CORUÑA: Coraza do Orzán (12.00h) Convoca BDS Coruña.
- LUGO: Praza Maior (12.00) Convoca LugoxPalestina.
- OURENSE: Praza das Mercedes (12.00h) Convoca BDS Ourense
- VIGO: Urzaiz/Vía Norte (12.00h) Convoca BDS Vigo
- FERROL: Praza da Constitución (Cantón) 12.00h. Convocan Fuco Buxan e CGT Ferrolterra, co apoio de BDS Galiza.
- RIBADEO: Escaleiras do Concello (12,30 H) Convocan: Plataforma pola Paz, No a las armas, A Mariña de Lugo, Occidente Astur e BDS
Únete a esta loita!
Pola Solidariedade co Pobo Palestino
Dende o río ata o mar, Palestina vencerá
?FERROL únese tamén ás máis de 100 localidades galegas e doutras nacións da península o vindeiro domingo 25F. Convocan CGT Ferrolterra e @fuco.buxan ???❤
— BDS Galiza (@BDSGaliza) February 23, 2024
Máis convocatorias nacionáis:
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
RIBADEO (ollo! as 12:30h)
VIGO
Seguimos! pic.twitter.com/T3JCCIUzmF
Actualización de localidades para a convocatoria do luns 26 e novas localidades que se suman. Estade atentxs ás actualizacións! Vémonos!
— BDS Galiza (@BDSGaliza) February 22, 2024
???❤#stopxenocidio#palestinavencerá pic.twitter.com/Ccge88pp6s