Redacción •  Galicia •  23/05/2022

Presentan a campaña «As tres mosquiteiras»

  • A comunidade científica alerta de que as poboacións das principais especies de aves urbanas insectívoras atópanse en claro declive.
  • Ecoloxistas en Acción presenta a campaña As tres mosquiteras, que pretende dar a coñecer a importancia da conservación do cirrio común, a andoriña común e a andoriña de cu branco.
  • A destrución dos seus lugares de nidificación e o uso de praguicidas son as principais ameazas á que se enfrontan estas especies migratorias.
Presentan a campaña «As tres mosquiteiras»

Ecoloxistas en Acción pon en marcha a campaña «As tres mosquiteiras». Entre os seus obxectivos  inclúese concienciar á sociedade civil sobre a necesidade de un maior esforzo colectivo pola conservación das aves migratorias urbanas, focalizándose nas tres especies de insectívoros con maior presenza nas nosas cidades: o cirrio omún (Apus apus), a andoriña común (Hirundo rustica) e a andoriña de cu branco (Delichon urbicum).

Estas especies regresan cada primavera a cidades e aldeas do territorio español para reproducírense e nidificaren e, aínda que aportan un beneficio indubidable no control de pragas que afectan tanto a cultivos como á nosa a saúde, son recibidas en moitas ocasións con accións como a eliminación de zonas de crías ou a destrución de niños. As tres especies están incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, polo que este feito é un delito.

Ecoloxistas en Acción lembra que tanto as andoriñas de cu branco, andoriñas común e cirrios comúns localizan os seus niños en edificios. As dúas primeiras especies de maneira moi visible, o que é a veces visto como un problema para a “estética” e a “limpeza” destes lugares, aínda que hai formas moi sinxelas de conseguilo. A destrución das zonas de cría das tres especies ven tamén dada principalmente polas reformas dos edificios onde se localizan, ao modificar as condicións dos mesmos (peche de ocos, eliminación de beirais…). Ademais a construción de novos edificios, de paredes completamente lisas, non axuda a que podan colonizar outros espazos urbanos.

Outras ameazas son o uso de praguicidas, que acaban coa súa fonte de alimento e minguan a súa capacidade reprodutiva, a contaminación atmosférica urbana  ou o cambio climático que afecta ás súas estratexias migratorias. Os datos rexistrados que mostran a evolución das poboacións de aves comúns en primavera entre 1998 e 2019 indican un declive evidente tanto no cirrio omún como na andoriña común:

1. No caso do cirrio que común, observouse un declive do 27,2 % e na andoriña común moi superior ao 30 %, o que está supondo para esta especie a perda arredor dun millón de exemplares ao ano na poboación española.

A dieta destas especies componse principalmente de insectos. As andoriñas de cu branco aliméntanse de moscas e mosquitos, mentres que as andoriñas comúns tamén consomen chinchas e pequenos escaravellos, entre outros. Estudos científicos atoparon no tracto dixestivo dalgunas especies de vencello localizadas en territorio español ata 445 presas inxeridas, das cales máis do 99 % eran insectos.

2. A capacidade de inxestión destas aves supón un proceso ecosistémico esencial para o ser humano, xa que é un control natural de pragas. Estudos científicos identificaron ao vencello común e á andoriña común como depredadores naturais de especies de insectos que son unha ameaza para os cultivos.

3. Ademais, a súa capacidade depredadora contribúe a decimar as poboacións de insectos vectores de enfermidades infecciosas que afectan ao ser humano.

A campaña “As tres mosquiteiras” é un proxecto de conservación e educación ambiental que contemplará diversas accións e iniciativas ao longo deste ano. Ecologistas en Acción pretende dar a coñecer á poboación en xeral os beneficios que ofrece a presenza destas aves en contornas urbanas, así coma información sobre como identificar as especies e as principais ameazas ás que se enfrontan.

Garantir a supervivencia de cirrios, andoriñas común e andoriñas de cu branco require un esforzo contundente por parte das administracións públicas municipais  e un compromiso claro con este obxectivo. Por este motivo, a campaña “As tres mosquiteiras” traballará para que os Concellos das cidades e aldeas da xeografía española, a través de ordenanzas municipais, adopten medidas urbanísticas que favorezan a conservación das poboacións destas especies.

Outras iniciativas enmarcadas dentro da campaña Las  tres mosquiteras  inclúen accións para o establecemento de novas colonias, medidas para evitar posibles molestias á poboación e ferramentas para facilitar o censo de poboacións de especies actuais.

Este proxecto enmárcase dentro da Rede de Hábitats Urbanos, plataforma creada por Ecologistas en Acción coa finalidade de analizar as causas e propoñer solucións fronte á emerxencia ecolóxica, composta principalmente pola perda de biodiversidad e e o cambio climático, poñendo o foco en contextos urbanos e suburbanos.

Notas:

SEO/BirdLife 2020. Programas de seguimiento y grupos de trabajo de SEO/BirdLife 2019. SEO/BirdLife. Madrid.

Collins, Charles & Tella, José & Colahan, Brian. (2009). Food habits of the alpine swift on two continents: Intra- and interspecific comparisons. Ardeola: revista ibérica de ornitología. 56. 259-269.

Orłowski, Grzegorz et al. “Functional invertebrate prey groups reflect dietary responses to phenology and farming activity and pest control services in three sympatric species of aerially foraging insectivorous birds.”

PloS one vol. 9,12 e114906. 15 Dec. 2014, doi:10.1371/journal.pone.0114906


Ecoloxistas en Acción /