A CNT presenta unha proposta de ampliación de persoal no SEIS de Pontevedra
- Preténdese que se dea cumprimento inmediato ao requirimento da Inspección de Traballo.
- A proposta da sección sindical da CNT conta co apoio formal do plantel e do resto de sindicatos.
Recentemente a sección sindical da CNT no concello de Pontevedra conseguiu que a Inspección de Traballo obrigase ao Concello a contratar para diminuir a carga de traballo do seu persoal e cumprir as ratios recomendadas pola UE en canto ao número de bombeiros por habitante. Con todo, o Concello non dá cumprimento a este requirimento polo que desde a CNT esíxese o cumprimento do requirido e o inicio inmediato dos trámites para levalo a cabo.
Con este escenario, a CNT presenta unha proposta na que, partindo da análise da realidade actual e dos reiterados incumprimentos da lei de prevención de riscos e saúde laboral por parte do Concello, se recolle a forma práctica de dimensionar o servizo até alcanzar os 70 membros (na actualidade son 36) e acométese a reorganización das quendas e os traballos de forma que se cumpra a totalidade da lexislación en materia de xornada e se garanta a efectiva conciliación da vida familiar a laboral do persoal.
A proposta da sección sindical da CNT foi asinada ademais polo 85% do persoal e por representantes dos sindicatos CCOO, CIG, CSIF, AFUMPO e SPPME, so a UGT se desmarcou da proposta.
Pódese ler a proposta completa;