Manifesto pola paz: non ao envío de tropas nin armamento a Ucrania
Galicia en Común asinou no Congreso dos Deputados un manifesto conxunto pola paz e para evitar unha nova guerra en Europa, apostando pola desescalada e o diálogo e negándose ao envío de tropas ou armamento a Ucrania.
Ante a escalada de tensión ao longo dos últimos días en Ucrania, é necesario rexeitar de inmediato calquera ameaza ou agresión militar a un Estado que é soberano, igualmente ao envío de tropas españolas ao Mar Negro e Bulgaria no marco da OTAN.
Galicia en Común defende que este conflito só pode resolverse a través do diálogo, redobrando todos os esforzos diplomáticos para impedir a guerra, así como cesando os plans para que Ucrania ingrese na OTAN, á vez que se acorden medidas para satisfacer a ambas as partes na fronteira entre Rusia e Ucrania.
Defender a soberanía dos pobos e o rexeitamento ás ameazas militares ha de ser unha prioridade. Hai que defender os dereitos humanos destes países e poñer en marcha todas as aprendizaxes dos centros de cultura de paz e grupos feministas pola paz para poñer fin a esta escalada bélica.
A paz é o único camiño.
Manifesto