Redacción •  Galicia •  24/03/2025

Palestra de Shehab Aldin, xornalista de Gaza no Liceo no 25 de marzo

  • 21 a 25 de marzo de 2025.
Palestra de Shehab Aldin, xornalista de Gaza no Liceo no 25 de marzo

Boicotes, Desinvestimentos e Sancións a Israel de Ourense (BDS Ourense) organiza unha palestra titulada «Sobrevivindo a guerra en Gaza» na que o xornalista palestino Shehab Aldin exporá as súas vivencias ás 19:30h do 25 de marzo de 2025 no Liceo de Ourense. Aldin é orixinario da Faixa de Gaza, onde viveu o xenocidio que o sionismo comete contra o pobo palestino e onde foron mortos moitas persoas da súa familia. Actualmente reside na Coruña e traballa por visibilizar a situación de todas as persoas palestinas a través do seu traballo como xornalista e como relator. Ademais, fai parte da iniciativa internacional WeAreThePeace, que busca dar a coñecer as experiencias das persoas vítimas de violencia bélica. No evento, recadaranse fondos para axudar á familia de Aldin. A palestra fai parte das actividades da Semana Contra o Apartheid Israelita de BDS, que vai do 21 (Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial) ao 30 de marzo (Día da Terra Palestina).

Máis información sobre a Semana Conta o Apartheid Israelita.


BDS /