Multitudinaria concentración en Noia en protesta pola autorización da mina de San Finx
- Multitudinaria concentración da veciñanza de Noia para recriminar ao goberno da Xunta a recente autorización de vertidos á mina de San Finx. O baleirado dos pozos da mina conlevará unhas drenaxes acédas que porán en grave perigo a pesca e marisqueo na ría.
- Ecoloxistas en Acción sumouse a concentración convocada pola plataforma “Vida e Ría ou Minaría?” en protesta pola autorización duns vertidos que, de producirse, contaminarán a ría de Noia con metais pesados. Un impacto ambiental que pode condear durante décadas aos centos de familias que viven da pesca tradicional na ría de Noia.
- A veciñanza de Noia agardaba, fronte ao Coliseo de Noela, poder expresarlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o seu rexeitamento á autorización de vertidos. Non apareceu Rueda, no seu lugar Puy Fraga, portavoz del Partido Popular en el Parlamento de Galicia, levouse o abucheo.
![Multitudinaria concentración en Noia en protesta pola autorización da mina de San Finx](https://www.tercerainformacion.es/wp-content/uploads/2022/07/Concentracion-noia-950x0-c-default.jpg)
Ecoloxistas en Acción denuncia a ilegalidade da proposta de resolución que ven de emitir Augas de Galicia para autorizar os vertidos da mina de San Finx, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A proposta ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva sete anos en trámite e anuncian accións legais contra os funcionarios e altos cargos responsábeis.
Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro pasado asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta.
O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.
Por iso, alertan que este “favorazo”, que atribúen directamente ao presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, non pasará desapercibido pois o cúmulo de falsedades e vicios do procecemento de vertidos só podían ter levado á denegación e arquivo da solicitude.
Independentemente de que a eventual resolución, que esperan sexa emitida a finais de agosto aproveitando o periodo vacacional, sexa impugnada xudicialmente, o asunto levarase tamén á vía penal ao existir indicios claros de delitos de prevaricación.